Xunta de Galicia

Avisos

Filtrar

Ten dispoñibles para consulta 44 avisos

Nota informativa sobre o horario de verán 2017

Horario de verán, período de aplicación do 16 de xuño a 15 de setembro (ambos os dous inclusive).

  • Organización do traballo

Publicación das listas definitivas da actualización de méritos

O Diario Oficial de Galicia fixo pública a Resolución do 24 de maio de 2017, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fai pública a actualización definitiva de méritos correspondente ao ano 2016 das listas para a cobertura con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia.

  • Contratación temporal

Publicación das listas definitivas de admitidos e excluídos: Grupo III-categoría 014 e Grupo V-categoría 001

O Diario Oficial de Galicia fixo pública a Resolución do 24 de maio de 2017, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fan públicas as listas definitivas, reguladas no Decreto 37/2006, do 2 de marzo, modificado polo Decreto 124/2016, do 19 de setembro, para a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia de determinados grupos e categorías.

  • Contratación temporal

Resultados das probas físicas e visuais - ano 2017

No portal web da Consellería do Medio Rural pódense consultar os resultados das probas físicas e de agudeza visual dos integrantes das listas reguladas polo Decreto 37/2006, do 2 de marzo, modificado polo Decreto 124/2016, do 8 de setembro, correspondentes a determinadas categorías de persoal laboral dos servizos de prevención e defensa contra incendios forestais e de persoal do Pladiga, convocadas pola Resolución do 23 de marzo de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural (DOG núm. 64 do 31 de marzo de 2017).

  • Contratación temporal

Publicación da convocatoria para a realización de probas físicas e de agudeza visual - ano 2017

O DOG do 31 de marzo de 2017 recolle a Resolución do 23 de marzo de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural, pola que se convoca a realización das probas físicas e de agudeza visual aos integrantes das listas reguladas polo Decreto 37/2006, do 2 de marzo, correspondentes a determinadas categorías de persoal laboral dos servizos de prevención e defensa contra incendios forestais e de persoal do Pladiga.

  • Contratación temporal

Convocatoria para a realización de probas físicas e de agudeza visual - ano 2017

No portal web da Consellería do Medio Rural pódense consultar as datas nas que está prevista a realización das probas físicas e de agudeza visual dos integrantes das listas reguladas polo Decreto 37/2006, do 2 de marzo, modificado polo Decreto 124/2016, do 8 de setembro, correspondentes a determinadas categorías de persoal laboral dos servizos de prevención e defensa contra incendios forestais e de persoal do Pladiga.

  • Contratación temporal

Inclusión nas listas de contratación - solicitudes presentadas entre o 1 e o 8 de novembro de 2016

O Diario Oficial de Galicia fixo pública a Resolución do 9 de marzo de 2017, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fan públicas as listas provisionais, reguladas no Decreto 37/2006, do 2 de marzo, modificado polo Decreto 124/2016, do 19 de setembro, para a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia de determinados grupos e categorías.

  • Contratación temporal

Actualización de méritos - febreiro de 2017

O Diario Oficial de Galicia fixo pública a Resolución do 22 de febreiro de 2017, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fai pública a actualización provisional de méritos correspondente ao ano 2016 das listas para a cobertura con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e á contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia.

  • Contratación temporal

Modificación da xornada dos días 28 de febreiro e 1 de marzo de 2017

Con motivo da celebración das festas do Entroido, modifícase a xornada dos vindeiros días 28 de febreiro e 1 de marzo, para os/as empregados/as públicos/as da Xunta de Galicia.

Inclusión nas listas de contratación - 2016

O Diario Oficial de Galicia fixo pública a Resolución do 21 de decembro de 2016, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fan públicas as listas provisionais para o desempeño transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia, regulado no Decreto 37/2006, do 2 de marzo.

  • Contratación temporal