Xunta de Galicia

Xeración de reclamacións

Esta aplicación permite a xeración e consulta de calquer tipo de reclamacións de calquera proceso xestionado pola Dirección Xeral de Función Pública.

Contactos relacionados

  • Dúbidas técnicas sobre a aplicación informática

    Teléfono: 881 999 883 ; Fax: 981 545 225
    Correo-e: soporte.rrhh@xunta.gal

As funcións da aplicación son as seguientes:

  • Xestión de procesos reclamables
  • Xestión de fases de procesos
  • Xestión de apartados
  • Xestión das reclamación
  • Control de permisos. O sistema permite ter usuarios especializados en certos apartados de certas fases
  • Comunicación do estado da reclamación por SMS
  • Comunicación da resolución vía web, previo anuncio SMS
  • Módulo web de xeración de reclamacións, consulta e modificación das mesmas

Deixaralle seleccionar en cada momento únicamente os procesos (e fases dos mesmos) que teñan aberto un prazo de reclamación.

Antes de xerar a reclamación, o sistema pediralle o seu NIF. Unha vez introducido, o sistema presentaralle varias pantallas nas que deberá escoller o proceso ao que quere reclamar.

Co código de reclamación que lle xerará o sistema pode consultar o estado da súa reclamación en calquera intre.

Concursos de traslados

Para xerar unha reclamación no concurso de traslados ten que seguir os seguintes pasos:

  • Se aparece un mensaxe solicitando a instalación do cliente @FIRMA, prema "Aceptar" e peche o navegador despois de que remate a instalación.
  • A aplicación pediralle primeiro o seu NIF. Deberá introducir o número do NIF e a letra nos cadros correspondentes.
  • De seguido deberá escoller o proceso sobre o que quere reclamar, que neste caso será 'Concurso de traslados'.
  • Finalmente seleccionará a fase activa do concurso sobre a que quere reclamar, co que a aplicación lle mostrará un formulario da reclamación, que deberá cubrir, premer no botón 'Gravar e imprimir' e presentar debidamente asinado por rexistro. O sistema informaralle da evolución da súa reclamación vía correo electrónico e SMS.

Fondo de acción social

Para xerar unha reclamación a calquera das fases do Fondo de Acción Social ten que seguir os seguintes pasos:

  • A aplicación pediralle primeiro o seu NIF. Deberá introducir o número do NIF e a letra nos cadros correspondentes (o primeiro cadro reservase para a letra do NIF de extranxeiros).
  • De seguido deberá escoller o proceso sobre o que quere reclamar, que neste caso será 'Fondo de Acción Social'.
  • Finalmente seleccionará a fase activa do Fondo sobre a que quere reclamar, co que a aplicación lle mostrará un formulario da reclamación, que deberá cubrir, premer no botón 'Gravar e imprimir' e presentar debidamente asinado por rexistro (tamén poderá escoller a presentación telemática con certificado dixital).
  • O sistema informaralle da evolución da súa reclamación vía correo electrónico e SMS.