Consulta do Rexistro de Actividades de Altos Cargos

Esta aplicación permite a consulta das declaracións de actividades dos altos cargos, para garantir a transparencia, publicidade e difusión pública.

A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, dispón no seu artigo 49:

1. O Rexistro de Actividades de Altos Cargos será público. O contido das declaracións inscritas nel estará dispoñible no Portal de transparencia e Goberno aberto.

Procede, en consecuencia, dar publicidade ao contido das declaracións de actividades, inscritas no Rexistro, dos membros da Xunta de Galicia e demais altos cargos da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades do sector público autonómico sometidos á Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno.

Contactos relacionados

Dúbidas de xestión:

Teléfono:

981 957 875 / 981 545 178

Soporte técnico da aplicación: Soporte Aplicacións RRHH

Teléfono:

881 999 883 (Ibercom 99883)