CONTRATACIÓN TEMPORAL

Resolucións de apertura e peche

De conformidade co Decreto 37/2006, do 2 de marzo (DOG nº 48, do 9 de marzo), polo que se regula o nomeamento de persoal interino para o desempeño con carácter transitorio de prazas reservadas a funcionarios e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia se elaboran as listas en conformidade coas seguintes bases que se establezan en cada convocatoria.

O artigo 6 do Decreto 37/2006, do 2 de marzo, establece que en calquera momento en que a Administración considere que unha determinada lista está saturada porque non se produzan contratacións ou nomeamentos, ou ben porque haxa un excesivo número de inscritas/os, poderá determinar o peche da incorporación de novas solicitudes ata a resolución dun novo proceso selectivo para ese grupo, categoría, corpo e escala, coa excepción das/dos interesadas/os que superasen algunha proba do último proceso selectivo ou teñan prestado servizos na Xunta de Galicia para a lista correspondente a esa categoría, corpo, escala ou especialidade.

Ligazóns relacionadas

Normativas relacionadas