...

Xunta de Galicia

Fondo de Acción Social

A Administración da Xunta de Galicia destina anualmente unha porcentaxe da dotación orzamentaria para custos de persoal á concesión de axudas de carácter social.

A natureza das axudas, o persoal con dereito a percibilas, os criterios de reparto entre os solicitantes e o procedemento para a súa concesión son obxecto de negociación coas organizacións sindicais representadas na Mesa Xeral de Negociación de Funcionarios e no Comité Intercentros do Persoal Laboral (CIG, CCOO, UGT e CSIF).

O acordo acadado apróbase polo Consello da Xunta de Galicia e publícase no diario oficial (DOG) con indicación da forma, lugar e prazo de presentación de solicitudes.

Prazos

  • Xeración de solicitudes e presentación en servizos de persoal: do 30 de marzo ata o 21 de abril de 2016
  • Certificar as solicitudes (prazo dos certificadores): do 30 de marzo ata o 10 de maio de 2016
  • Presentación por rexistro: do 30 de marzo ata o 30 de maio de 2016

Contactos relacionados

  • Información sobre o fondo de acción social :

    Teléfono: 981 545 234, 881 999 368, 981 545 912
    Correo-e: fas@xunta.es