Preguntas máis frecuentes

No caso de que teña algunha dúbida sobre as bases, a normativa ou os pasos a seguir no FAS pode porse en contacto connosco nos seguintes teléfonos:

  • Información sobre as axudas: documentación necesaria, tramitación e información xeral: 981 545 234 e 881 999 368.

No caso de que teña calquera problema técnico de acceso ou de utilización do sistema, pode chamar ao seguinte teléfono: 

  • Consulta de dúbidas técnicas sobre a aplicación informática: 881 999 883

Tamén pode enviarnos a súa consulta ao seguinte enderezo de correo electrónico: soporte.rrhh@xunta.gal. Neste correo deberá incluír a súa consulta xunto coa seguinte información: nome completo, NIF, teléfono de contacto e, no caso de ter unha conta de correo, o seu enderezo electrónico.

Esta mesma información deberá enviala, se desexa empregar o fax como medio de contacto, ao número 981 545 225, utilizando o formulario de incidencias.