Xunta de Galicia

Funcións e competencias

DIRECCIÓN XERAL DE FUNCIÓN PÚBLICA  

Funcións e competencias

Áreas nas que a Dirección Xeral exerce as súas funcións

Organigrama

A Dirección Xeral da Función Pública é a responsable da execución da política de persoal da Administración da Xunta de Galicia coordinando a actuación dos órganos competentes en materia de persoal das distintas Consellerías e dos organismos autónomos dependentes delas.

Corresponde á Dirección Xeral a ordenación e coordinación da función pública proporcionando asistencia e asesoramento ás distintas unidades xestoras, asumindo o estudo das medidas de modernización e profesionalización da función pública e do réxime xurídico dos empregados públicos, contribuíndo á consolidación dunha Administración Pública profesional, democrática, eficaz, sostible e xeradora de confianza cidadá na súa actuación.

A Dirección Xeral de Función Pública exerce as seguintes competencias:

  • A realización dos estudos e traballos que en materia de persoal lle sexan encomendados ou coide conveniente efectuar.
  • A elaboración dos anteproxectos de disposicións en materia de función pública.
  • A proposta á persoa titular da Consellería da convocatoria e resolución dos concursos de traslados para a provisión de postos de traballo dos distintos corpos, escalas e categorías da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico de Galicia xestionados pola Dirección Xeral da Función Pública.
  • A fixación dos criterios a que se deberán someter todas as convocatorias públicas de libre designación e de persoal directivo.
  • A elaboración das ofertas de emprego público.
  • A coordinación coas distintas consellerías e coa Seguridade Social dos expedientes de xubilación parcial do persoal laboral.
  • A coordinación das eleccións sindicais do persoal funcionario e laboral.
  • A coordinación na elaboración das estatísticas do número de efectivos na Comunidade Autónoma de Galicia.
  • A elaboración dos informes en materia de persoal conxuntos coa dirección xeral competente en materia de orzamentos.
  • A proposta á conselleira ou conselleiro da convocatoria de probas selectivas para o ingreso nos corpos, escalas e categorías da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, xestionados pola Dirección Xeral da Función Pública.
  • A proposta de resolución dos expedientes de incompatibilidades do persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.
  • A tramitación dos expedientes de incompatibilidades dos membros da Xunta de Galicia e demais altos cargos da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades do sector público autonómico sometidos á Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, así como a custodia e a xestión dos rexistros de actividades e de bens patrimoniais dos altos cargos.
  • O coñecemento das denuncias que se poidan formular sobre os presuntos incumprimentos en materia de incompatibilidades e conflito de intereses.
  • O coñecemento das denun­cias que se poidan formular sobre os presuntos incumprimentos en materia de incompati­bilidades e conflito de intereses.
  • A coordinación das relacións laborais e sindicais con respecto ao persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma.
  • As convocatorias para a elaboración de listas para a cobertura temporal de postos de persoal funcionario e laboral, en aplicación da norma que as regule.
  • A proposta, se é o caso, ao órgano competente da incoación de expedientes disciplinarios cando se detecten indicios racionais de responsabilidade administrativa na actuación do persoal, e elevar ao Consello da Xunta as propostas de imposición da sanción de separación do servizo ou despedimento do persoal xestionado pola Dirección Xeral da Función Pública.
  • A emisión dos informes preceptivos e previos que sobre os proxectos de disposicións que afecten a materia de réxime de persoal ou estrutura orgánica estableza a normativa vixente.
  • A elaboración dos estudos e propostas sobre as relacións de postos de traballo, así como a elevación ao Consello da Xunta das propostas ou modificacións das relacións de postos de traballo para a súa aprobación.
  • A coordinación coa Dirección Xeral de Avaliación e Reforma Administrativa para levar a cabo, de ser o caso, a reasignación de efectivos, unha vez que realice os estudos organizativos necesarios a Dirección Xeral de Avaliación e Reforma Administrativa, para valorar as cargas de traballo das distintas unidades administrativas da Xunta de Galicia.
  • A xestión do Rexistro de Persoal da Xunta de Galicia.
  • A xestión do Rexistro de persoal directivo e dos contratos de alta dirección.
  • A coordinación e/ou xestión do Rexistro de órganos de representación do persoal ao servizo da Administración xeral da Xunta de Galicia e dos seus organismos, axencias e entidades dependentes.

 

Contactos relacionados

  • Xunta de Galicia. Consellería de Facenda. Dirección Xeral de Función Pública :

    San Caetano S/N
    15704 - Santiago de Compostela (A Coruña)