Verificación e descarga de documentos xerados e enviados pola Dirección Xeral da Función Pública

Neste apartado poderá verificar e descargar os títulos de persoal funcionario e laboral fixo emitidos pola Dirección Xeral da Función Pública, así como os documentos xerados polo sistema de xestión electrónica do rexistro interno de saída.

Consulta e verificación electrónica de títulos de funcionarios e laborais

Poderá verificar e descargar os títulos de persoal funcionario e laboral fixo emitidos pola Dirección Xeral da Función Pública da Xunta de Galicia. Na consulta poderá ver tanto o documento orixinal coa súa firma electrónica, como o informe electrónico de firma. Tamén pode consultar os seus títulos dende o portal do empregado.

Consulta e verificación electrónica de envíos e documentos

A Dirección Xeral da Función Pública pon á súa disposición este servizo, co que poderá consultar e validar tanto os envíos coma os documentos xerados polo sistema de xestión electrónica do rexistro interno de saída.

O rexistro electrónico de saída permite xerar todas as firmas necesarias para a validación dos documentos de modo electrónico, de forma que os documentos que reciba non levarán a firma manuscrita. Nesta páxina poderá descargar os documentos e as firmas dos mesmos, sendo posible verificar as súas firmas.

Todos os procesos de firma e verificación electrónica son realizados polas aplicacións da plataforma @firma5 de firma e validación electrónica do Ministerio de Administraciones Públicas.

As firmas xeradas poden descargarse directamente nun formato co que é posible a súa reprodución en papel.

Consulta e verificación de documentos (co código de documento)

Nesta opción poderá descargar o documento consultado conxuntamente coas súas firmas electrónicas. Será necesario dispoñer do código de verificación do documento. Este código atópase ao final do documento baixo o código de barras.

Consulta do buzón electrónico (só con certificado dixital)

Nesta opción poderá consultar todos os envíos xerados para unha determinada persoa. Neste servizo é necesario dispoñer dun certificado dixital de usuario. A verificación realízase cun módulo da plataforma @firma5 que debe executarse no seu ordenador, polo que debe ter os permisos adecuados para que este módulo se execute.

Consulta e verificación de envíos (co código do envío)

Nesta opción poderá consultar e descargar todos os documentos presentes nun envío conxuntamente coas súas firmas electrónicas. Será necesario dispoñer do código de verificación do envío. Este código atópase na portada que acompaña ao envío.

Verificación de firmas (en Base64)

Nesta opción poderá verificar a identidade do emisor de calquera firma xerada en Base64 pola plataforma @firma5 do MAP. A verificación realízase cun módulo da plataforma @firma5 que debe executarse no seu ordenador, polo que debe ter os permisos adecuados para que este módulo se execute.

Verificación de nomeamentos e credenciais

Permite verificar a autenticidade dos nomeamentos de persoal interino e as credenciais de asignación de postos do persoal laboral temporal.

 

Contactos relacionados

Soporte técnico da aplicación: Soporte Aplicacións RRHH

Teléfono:

881 999 883 (Ibercom 99883)