Xunta de Galicia

Procesos selectivos

Formalización da solicitude

A través da páxina web da Xunta de Galicia, en dúas modalidades, segundo se dispoña ou non de certificado dixital da Fábrica Nacional de Moeda e Timbre (FNMT) ou DNI electrónico, sen que sexa necesario presentar a solicitude nos lugares previstos no artigo 38 da LRX-PAC, agás nos casos nos que se deba presentar documentación xustificativa de exención do pagamento.

Os certificados das titulacións e a restante documentación requirida na convocatoria presentarase unha vez superado o proceso selectivo.
 

Documentación que cómpre presentar coa solicitude

Só o persoal exento total ou parcialmente do pagamento da taxa dos dereitos de exame deberá imprimir a solicitude cuberta que deberá presentar nalgún dos lugares previstos no artigo 38 da LRX-PAC, xunto cos documentos xustificativos da exención do pagamento:

  • Discapacitados: certificado de discapacidade.
  • Familia numerosa ordinaria ou especial: Certificado de familia numerosa de carácter ordinario ou especial ou carné familiar en que conste o dito carácter.
  • Demandantes de emprego: certificación expedida pola oficina de emprego na que conste que a/o aspirante figura como demandante de emprego desde polo menos seis meses antes á data da convocatoria, e certificación do Servizo Público de Emprego Estatal na que conste que non está a percibir prestación ou subsidio por desemprego.
     

Prazo de presentación da solicitude

O prazo de presentación da solicitude será de 20 días naturais a partir do día seguinte ao da data de publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Pagamento de taxas

Con carácter xeral, é obrigatorio o pagamento de taxas por dereito de exame que poderá facerse dun dos seguintes xeitos:

  • Pagamento presencial: deberá seleccionar esta opción na pantalla, imprimir o documento de pagamento (modelo AI) e realizar o ingreso do importe da taxa en calquera das entidades financeiras colaboradoras autorizadas para a recadación de taxas e prezos na Comunidade Autónoma de Galicia, onde se lle facilitará un exemplar selado como xustificante.
  • Pagamento telemático:
    • Sen certificado dixital: deberá introducir os datos da tarxeta de crédito ou débito na opción de pagamento telemático e nese momento obterá o xustificante 730 correspondente.
    • Con certificado dixital: poderán realizar o pagamento con cargo á conta do/a titular do certificado desde a opción de pagamento telemático e nese momento obterá o xustificante 730 correspondente.

En ambos os dous casos considerarase como data válida de presentación da solicitude a de realización da operación de ingreso da taxa, polo que NON será necesario presentar ningún dos documentos xerados nos lugares previstos no artigo 38 da LRX-PAC.

A falta de pagamento de taxas en tempo e forma ocasionará a exclusión do proceso selectivo.

Exencións ao pagamento de taxas

Exención do 100%

  • As persoas cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33%.
  • As familias numerosas de réxime especial.

Exención do 50%

  • As familias numerosas de réxime xeral.
  • As persoas que figuren como demandantes de emprego desde, polo menos, os seis meses anteriores á data da convocatoria das probas selectivas en que soliciten a súa participación e non estean a percibir prestación ou subsidio por desemprego.