Información xeral

A inscrición nos procesos (salvo que se dispoña o contrario na convocatoria) é totalmente telemática. 

O prazo de presentación da solicitude será de 20 días hábiles a partir do día seguinte ao da data de publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Consulte aquí as preguntas frecuentes sobre os procesos selectivos extraordinarios de estabilización derivados da Lei 20/2021

Contactos relacionados

Preguntas máis frecuentes

A expresión “sistema selectivo” refírese ao tipo de probas nas que os/as aspirantes deberán participar para o ingreso no grupo do que se trate, segundo se trate de probas de capacidade, de valoración de méritos ou da combinación de ambas.

Así, distínguense os seguintes sistemas selectivos:

  • Oposición: consiste na superación das probas teóricas ou prácticas que se describan na convocatoria correspondente, así como, de ser o caso, na superación dun curso selectivo de formación ou período de prácticas.
  • Concurso-oposición: consiste na superación das probas correspondentes e, no seu caso, do curso selectivo de formación ou período de prácticas, así como na valoración de determinadas condicións de formación, méritos o niveis de experiencia que se especifiquen na convocatoria correspondente.
  • Concurso de méritos: consiste na valoración unicamente dos méritos que se sinalen na convocatoria. Trátase dun sistema excepcional de acceso para postos singulares en atención á natureza das funcións a desempeñar.

Consulte a “Oferta de Emprego Público” para coñecer aqueles procesos selectivos que foron convocados ou o serán no futuro.

Se está inscrito/a e o que quere é saber a situación do proceso, acceda á páxina de novidades e consultas para ver todos os detalles.

A denominada  “Oferta de Emprego Público” recolle todos os grupos e subgrupos de persoal funcionario e laboral que serán obxecto de convocatoria e o número de prazas vacantes que se ofertarán para cada un deles.

Os diferentes requisitos de nacionalidade, capacidade funcional, idade, habilitación e titulación que deben cumprir todas as persoas que aspiren a participar no proceso selectivo aparecen recollidos e descritos na súa correspondente convocatoria.

As persoas candidatas que desexen participar no proceso selectivo deberán posuír e/ou cumprir, o día de finalización do prazo de presentación de solicitudes, os seguintes requisitos:

Nacionalidade
  • Española
  • Ser nacional dalgún dos Estados membros da Unión Europea
  • Ser nacional dalgún Estado onde sexa de aplicación a liberdade de circulación de traballadores/as
  • Independentemente da súa nacionalidade, o/a cónxuxe dos/as españois/las e dos/as nacionais dalgún dos Estados membros da Unión Europea, e cando así o prevexa o correspondente Tratado, o/a cónxuxe dos/as nacionais dalgún Estado nos cales sexa de aplicación a liberdade de circulación de traballadores/as, sempre que non estean separados/as de dereito
  • Así mesmo, e coas mesmas condicións que os/as cónxuxes, poderán participar os/as descendentes e os/as do/a seu/súa cónxuxe, menores de vinte e un anos ou maiores da devandita idade que vivan ás súas expensas
Nas convocatorias de procesos selectivos para acceder á condición de persoal laboral poderán participar aquelas persoas que, non estando incluídas nos parágrafos anteriores, se encontren en España en situación legal, sendo titulares dun documento que as habilite para residir e poder acceder sen limitacións ao mercado laboral. En consecuencia, poderá participar quen se encontre en situación de residencia temporal, quen se encontre en situación de residencia permanente, quen se encontre en situación para residir e traballar, así como as persoas refuxiadas.
 
Idade
Ter 16 anos e non ter acadada a idade de xubilación forzosa ou a idade máxima que se estableza na propia convocatoria do proceso selectivo.
 
Titulación
Deberase posuír a titulación establecida nas bases da convocatoria.
 
Para o caso de titulacións obtidas no estranxeiro deberase posuír, no momento de finalización do prazo de presentación de solicitudes, un documento que acredite, de maneira que faga fe, a súa homologación. 
 
 
Compatibilidade funcional
Non padecer enfermidade nin estar afectado/a por limitación física ou psíquica incompatible co desempeño das correspondentes funcións.
 
Habilitación
Non ter sido separado/a, mediante expediente disciplinario, do servizo de calquera das administracións públicas. Non estar inhabilitado/a por sentenza firme para o exercicio das funcións públicas. Non pertencer ao mesmo corpo ou escala a cuxas probas selectivas se presenta.
 
 

No caso de optar ao ingreso nun subgrupo de persoal funcionario da Administración xeral, os/as aspirantes deberán posuír as titulacións recollidas no artigo 76 da Lei 7/2007, de 12 de abril, do Estatuto Básico do Empregado Público (EBEP) e ter en conta o disposto na Disposición Transitoria Terceira da mesma norma. No suposto de optar ao ingreso nalgunha das escalas de persoal funcionario que integran a Administración especial, os/as aspirantes deberán posuír as concretas titulacións recollidas nas leis polas que se crearon.

Nos procesos selectivos correspondentes ao persoal laboral, os/as aspirantes deberán cumprir os requisitos sinalados no V Convenio Colectivo Único para o Persoal Laboral da Xunta de Galicia ou, para determinadas categorías, os que se sinalen nas súas respectivas convocatorias.

A solicitude que se debe cubrir, o prazo para facelo e a documentación que, en caso de seren necesario, se debe presentar descríbese en cada orde de convocatoria.

As convocatorias recollen dous tipos de adaptacións que os/as aspirantes poden solicitar segundo as circunstancias nas que se atopen.

  • As mulleres embarazadas que prevexan a coincidencia do parto coas datas de realización de calquera dos exercicios polas circunstancias derivadas do seu avanzado estado de xestación, ou eventualmente nos primeiros días do puerperio, poden poñelo en coñecemento do tribunal, que decidirá, con base na información de que dispoña, se procede ou non realizar a proba nun lugar alternativo ou ben un aprazamento da proba, ou ben ambas medidas conxuntamente.
  • Os/as aspirantes cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33% poden solicitar as posibles adaptacións de tempo e/ou medios para a realización dos exercicios nos que esta adaptación sexa necesaria.

Unha porcentaxe non inferior ao sete por cento das prazas convocadas reservarase para ser cubertas por persoas con discapacidade, sempre que superen as probas selectivas e acrediten a súa discapacidade e a compatibilidade desta co desempeño das tarefas e funcións. 

  • Que polo menos o dous por cento das prazas ofertadas o sexa para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual.
  • Que o resto das prazas ofertadas o sexa para persoas que acrediten calquera outro tipo de discapacidade.
A reserva farase sobre o número total das prazas incluídas na respectiva oferta de emprego público. 
 
As ofertas de emprego público poden prever que as prazas reservadas para persoas con discapacidade se convoquen conxuntamente coas prazas ordinarias ou mediante convocatorias independentes, garantíndose, en todo caso, o carácter individual dos procesos selectivos. 
 
A petición de adaptación de tempo e/ou medios deberase facer constar na propia solicitude.
 
A participación no proceso a través desta cota permite tamén que os/as aspirantes que o superen poidan solicitar, baseándose nun informe técnico, unha alteración da orde de prelación acadada que lles permita optar a un posto axustado ás súas necesidades.

Para ser admitidos/as nos procesos selectivos, os/as aspirantes deben aboar unha taxa en concepto de dereitos de exame, tal e como establece a Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da comunidade autónoma.

A contía que se debe ingresar, que varía en función do grupo ao que se opte, debe ser a que estea vixente no momento de presentar a solicitude e que consta no mesmo impreso que se facilita como modelo en cada convocatoria.

Non obstante, a propia lei recolle as seguintes excepcións que se reproducen nas convocatorias dos procesos:

  • Desempregados/as cun mínimo de antigüidade de 180 días e que non cobren prestación ou subsidio por desemprego
  • Membros de familias numerosas de categoría xeral: 50% de desconto
  • Membros de familias numerosas de categoría especial: exentos de todo o importe
  • Persoas cunha discapacidade igual ou superior ao 33%: exentas de todo o importe
  • Persoas vítimas de terrorismo: exentas de todo o importe

 

Si, ten dereito á redución da taxa nun 50%, xa que non está a percibir unha prestación ou subsidio como desempregado/a.

Coa publicación no DOG das listaxes provisionais ábrese un prazo de 10 días hábiles para emendar os erros que o/a aspirante puidera cometer na súa solicitude ou aqueles casos nos que a persoa aspirante non apareza nin na listaxe de admitidos/as nin na de excluídos/as.

Este tipo de subsanación abranguería unicamente os defectos formais que se cometeran dentro da mesma solicitude, pero non o cambio a outra solicitude ou a ausencia de pagamento do importe establecido en concepto de dereitos de exame.

Unha vez examinadas as alegacións que os/as aspirantes presenten para arranxar os erros das súas solicitudes, o órgano competente aproba e publica unha listaxe xa definitiva dos/as admitidos/as e dos/as excluídos/as nunha resolución pola que se consideran todas elas respondidas.

Igual que no caso das listaxes provisionais, a publicación das definitivas realízase a título informativo na páxina web da Xunta de Galicia e, en todo caso, no DOG.

Si. Pode cambiarse o idioma elixido simplemente presentando un escrito pedindo o cambio. Este poderase facer ao longo do proceso, pero sempre antes da resolución pola que se aproban as listas definitivas de admitidos/as.

O escrito deberá ir dirixido ao Servizo de Selección da Dirección Xeral da Función Pública da Xunta de Galicia.

Si, pode cambiar a quenda elixida simplemente presentando un escrito pedindo o cambio. Este poderase facer antes de que se publiquen as listaxes provisionais de admitidos/as ao proceso selectivo de que se trate.

O escrito deberá ir dirixido ao Servizo de Selección da Dirección Xeral da Función Pública da Xunta de Galicia.

Non. A tarxeta de demandante de emprego non é un documento válido para acreditar a súa situación actual como demandante de emprego e, por tanto, non é admisible.

Unha vez recibidas e examinadas todas as solicitudes dos/as aspirantes, o órgano competente aproba e publica unha listaxe provisional dos/as admitidos/as e dos/as excluídos/as, indicando a causa que motivou esta última situación.

A devandita publicación realízase a título informativo na páxina web da Xunta de Galicia e, en todo caso, no DOG.

Naqueles casos nos que a persoa solicitante autorice a consulta dos seus datos, a Administración realiza de forma automatizada a consulta ás bases de datos da consellería da Xunta de Galicia con competencias na materia. Naqueles supostos nos que o resultado indica que a persoa non cumpre cos requisitos previstos na convocatoria, realízase unha segunda comprobación. Se persiste esta circunstancia, persoal do servizo de selección comproba manualmente os datos achegados para a súa verificación.

Se se mantén o incumprimento dos requisitos procederase a excluír provisionalmente do proceso selectivo á persoa aspirante ata que acredite a discapacidade alegada.

Unha vez realizadas todas as comprobacións sinaladas aínda poden ser outros os motivos polos que a persoa aspirante pode quedar excluída. Non obstante, os máis frecuentes son: 

  • Non aparece no sistema electrónico
  • A persoa solicitante ten unha incapacidade permanente recoñecida pola Seguridade Social
  • O recoñecemento da discapacidade realizouse noutra comunidade autónoma
  • O sistema identificou que a discapacidade recoñecida é inferior ao 33%

A discapacidade só se pode acreditar mediante certificación ou resolución expedida polo órgano competente. Por tanto, só serán admisibles:

  • Certificado de discapacidade emitido pola Seguridade Social
  • Certificado de discapacidade emitido pola autoridade competente de cada comunidade autónoma
  • Tarxeta identificativa da discapacidade emitida pola consellería competente na materia da Xunta de Galicia

Naqueles casos nos que a persoa solicitante autorice a consulta dos seus datos, a Administración realiza de forma automatizada a consulta ás bases de datos da consellería da Xunta de Galicia con competencias na materia. Naqueles supostos nos que o resultado indica que a persoa non cumpre cos requisitos previstos na convocatoria, realízase unha segunda comprobación. Se persiste esta circunstancia, persoal do servizo de selección comproba manualmente os datos achegados para a súa verificación.

Se se mantén o incumprimento dos requisitos procederase a excluír provisionalmente do proceso selectivo á persoa aspirante ata que acredite a situación de desemprego alegada.

Son moitos os motivos polos que a persoa aspirante pode quedar excluída. Non obstante, os máis frecuentes son os seguintes:

  • Non aparece no sistema electrónico
  • A persoa solicitante aparece co seu número de identificación duplicado
  • O recoñecemento da situación como desempregado/a realizouse noutra comunidade autónoma
  • A persoa solicitante non leva polo menos 180 días (6 meses) rexistrado/a como demandante de emprego
  • A persoa solicitante percibe unha prestación ou subsidios por desemprego

A situación de desemprego, segundo dispón a propia convocatoria, esixe a acreditación de dous extremos:

  • Certificado de estar rexistrado/a como demandante de emprego, no que se indique o último período como demandante de emprego ata a data da súa emisión. Este certificado expídese pola oficinas de emprego.
  • Certificado de non percibir unha prestación ou subsidio por desemprego o día da presentación da solicitude. Este certificado expídese polo Servizo Público de Emprego Estatal (SPEE-INEM). Tamén se poderá obter electronicamente na páxina web dese organimo na seguinte ligazón.

Naqueles casos nos que a persoa solicitante autorice a consulta dos seus datos, a Administración realiza de forma automatizada a consulta ás bases de datos da consellería da Xunta de Galicia con competencias na materia. Naqueles supostos nos que o resultado indica que a persoa non cumpre cos requisitos previstos na convocatoria, realízase unha segunda comprobación. Se persiste esta circunstancia, persoal do servizo de selección comproba manualmente os datos achegados para a súa verificación.

Se se mantén o incumprimento dos requisitos procederase a excluír provisionalmente do proceso selectivo á persoa aspirante ata que acredite a situación de familia numerosa alegada.

Naqueles casos nos que a persoa solicitante autorice a consulta dos seus datos, a Administración realiza de forma automatizada a consulta ás bases de datos do Ministerio de Educación do Goberno de España con competencias na materia. Naqueles supostos nos que o resultado indica que a persoa non cumpre cos requisitos previstos na convocatoria, realízase unha segunda comprobación. Se persiste esta circunstancia, persoal do servizo de selección comproba manualmente os datos achegados para a súa verificación.

Se se mantén o incumprimento dos requisitos procederase a excluír provisionalmente do proceso selectivo á persoa aspirante ata que acredite a titulación esixida na convocatoria do proceso selectivo.

A titulación só se pode acreditar mediante certificación expedida polo órgano competente en materia de educación. Por tanto, só serán admisibles:

  • Título orixinal dos estudos realizados
  • Certificado da titulación universitaria expedida pola autoridade educativa competente, que tamén poderá obterse electronicamente na páxina web do Ministerio de Educación, nesta ligazón.


 

Os tribunais regulan o seu funcionamento segundo as instrucións seguintes: 

A orde pola que se convoca o proceso selectivo inclúe de ordinario unha data antes da cal non terá lugar o primeiro dos exercicios para permitir que os/as aspirantes coñezan dende o inicio o tempo mínimo do que disporán para a súa preparación.

Unha vez nomeado o tribunal do proceso, a Dirección Xeral da Función Pública publica unha previsión da data na que poderá ter lugar o exercicio e ábrese un prazo de 15 días para a realización da sesión constitutiva do devandito órgano.

A partir da data de realización da sesión constitutiva do tribunal, que se publica tamén na páxina web da Xunta de Galicia, comeza o prazo máximo de 40 días hábiles que a propia convocatoria determina para a realización do primeiro exercicio. O acordo do tribunal determina a data, a hora e o lugar concretos do exercicio.

O anuncio dos sucesivos exercicios debe realizarse cunha antelación mínima de 24 horas con respecto ao seu comezo, se ben a Dirección Xeral procura anunciar cunha marxe maior unha previsión sobre as datas nas que poderían ter lugar.

 

O comezo do proceso selectivo propiamente dito vén marcado pola publicación no DOG da súa orde de convocatoria.

Esta orde contén a regulación do proceso selectivo.

O chamamento para acceder ao recinto onde se realiza o exercicio comeza á hora concreta sinalada polo tribunal na resolución correspondente.

En función do número de aspirantes admitidos/as ao exercicio, o chamamento pode ter lugar simultaneamente a través de distintas portas de acceso, en cuxo caso sinálase no recinto que marxe de apelidos abrangue cada unha delas.

Cada aspirante debe presentarse ao ser chamado/a e amosar o seu DNI ou o documento que acredite suficientemente a súa identidade. Ademais, debe ter en conta que non se lle permitirá acceder con teléfono móbil ou calquera outro tipo de aparello electrónico e que non haberá á súa disposición ningún tipo de servizo de recollida ou depósito para eles.

Unha vez dentro do recinto, os/as aspirantes reciben unha serie de instrucións que deben seguir para desenvolver o exercicio e que varían segundo o tipo do que se trate.

Os resultados dos exercicios son publicados polo tribunal do proceso, unha vez examinadas as reclamacións que os/as aspirantes puideran presentar nos días seguintes á súa realización, na páxina web da Xunta de Galicia. No suposto dos cuestionarios tipo test, a folla coas respostas consideradas correctas faise pública ao seu remate na páxina web corporativa.

A composición do órgano de selección encargado de xulgar o proceso selectivo, axustada ao disposto no artigo 60 do EBEP, é obxecto de publicación no DOG.

En todo caso, os membros do devandito órgano non poderán ter unha titulación inferior á esixida para a admisión nas probas.

 

A convocatoria do proceso selectivo describe, na base dedicada á fase de concurso, os méritos concretos que o tribunal poderá valorar aos/ás aspirantes e describe ou remite a unha resolución independente a descrición do procedemento que deberán seguir para acreditalos e os documentos concretos que teñen que presentar para xustificalos.

Unha vez examinados todos os documentos acreditativos dos méritos que presenten os/as aspirantes, o tribunal do proceso publica unha listaxe coa puntuación outorgada a cada un/unha.

Coa publicación no DOG da relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo ábrese un prazo de 20 días naturais para que todos/as presenten os documentos que sinala a convocatoria como xustificativos do cumprimento dos requisitos do proceso.

Unha vez transcorrido o devandito prazo e examinada a documentación presentada, os/as aspirantes son convocados/as, a través dun acordo ou resolución que se publica no DOG, e que inclúe unha relación dos postos de traballo ofertados e das súas características, a un acto público de elección, no que serán chamados/as por orde segundo a puntuación acadada no proceso selectivo.