PROCEDEMENTOS APLICABLES AO PERSOAL FUNCIONARIO E/OU LABORAL

Recoñecemento de trienios ou complemento salarial de antigüidade, así como servizos previos

Recoñecemento de trienios

O persoal funcionario ten dereito ao recoñecemento de trienios por cada tres anos de servizos prestados no corpo ou escala.

Complemento salarial de antigüidade

Todos os traballadores/as, calquera que sexa a súa categoría profesional, que perfeccionen trienios, terá dereito a un complemento salarial de antigüidade.

Servizos previos

Recoñécense aos funcionarios de carreira de todas as Administracións Públicas a totalidade dos servizos indistintamente prestados por eles en ditas Administracións, previos á constitución dos correspondentes corpos, escalas ou prazas ou a seu ingreso neles, así como o período de prácticas dos funcionarios que superasen as probas de ingreso na Administración Pública.

Lexislación aplicable

Artigo 69 do Decreto Lexislativo 1/2008, do 13 de marzo polo que se aproba o texto da Lei da función pública de Galicia

Normativas relacionadas