Xunta de Galicia

Fomento comprométese, a petición da Xunta, a activar as comisións de seguimento para a entrada do ave nas cidades galegas baixo a fórmula da intermodalidade

Informa que para o desenvolvemento desta fórmula se establecerán reunións entre as tres administracións implicadas (estatal, autonómica e local) co obxectivo de avanzar no deseño de estacións intermodais

No caso da Coruña, convocarase unha reunión da comisión de seguimento e plantexarase a necesidade de incorporar á Xunta de Galicia nun novo convenio

No que se refire a Vigo, o ministro está de acordo en manter a intermodalidade sempre e cando a integración da estación de autobuses non provoque retrasos no proxecto actualmente en marcha, algo que a Xunta considera totalmente lóxico

Definiu como positivo a vontade do principal grupo da oposición de acadar un pacto polo territorio formulado dende o Goberno galego o pasado mes de xuño

 

Santiago, 2 de febreiro de 2009.- O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, valorou positivamente o compromiso adquirido onte polo Ministerio de Fomento, a petición da Xunta de Galicia, para activar as comisións de seguimento da entrada do AVE nas cidades baixo a fórmula da intermodalidade. Subliñou que para o desenvolvemento desta fórmula estableceranse reunións entre as tres administracións implicadas (estatal, autonómica e local) para avanzar no deseño de estacións intermodais, tal e como vén defendendo a Xunta de Galicia, tomando como modelo o protocolo asinado en Santiago no mes de outubro pasado.

No caso da Coruña, Hernández informou que o ministro Blanco comprometeuse a convocar unha reunión da comisión de seguimento e plantexar a necesidade de incorporar á Xunta de Galicia nun novo convenio para definir o marco de colaboración para a estación intermodal e as fórmulas para levala a cabo.

En canto á cidade olívica, Hernández recordou que o Concello de Vigo xa en 2006 asinou un convenio no que se plantexaba a posibilidade de abordar a chegada do AVE a través dunha estación intermodal. Afirmou que o ministro está de acordo en manter a intermodalidade sempre e cando a integración da estación de autobuses non provoque retrasos no proxecto actualmente en marcha, algo que a Xunta considera totalmente lóxico.

Conexión con Portugal
O titular de Medio Ambiente informou que outro dos temas que se abordou foi a conexión do AVE entre Galicia e Portugal. Manifestou que a mellor garantía de compromiso para demostrar ao Goberno portugués o apoio da conexión do AVE entre ambos lados da raia é licitar a redacción dos proxectos no ano 2010, pra estar en condicións de iniciar as obras en 2012. Nese senso, informou que o ministro de Fomento se mostrou favorable a asinar un acordo co Goberno portugués para garantir a súa execución.

Asemade, dende o Ministerio de Fomento e a Xunta de Galicia mostraron a súa disposición para realizar un traballo conxunto cos concellos co obxecto de acadar un trazado viable.

Vigo-Ourense
En relación ao AVE Vigo-Ourense por Cerdedo, no seo da comisión explicouse que técnicos do Goberno central realizarán unha visita técnica para pechar a Declaración de Impacto Ambiental neste mes e, posteriormente, proceder ao encargo de redacción do proxecto básico desta infraestrutura ferroviaria dentro deste mesmo ano e, finalmente, licitar a obra mediante un proceso concesional.

Compromiso de inversión en 2010
Agustín Hernández definiu de positivo o encontro establecido onte e considerou de óptimo o nivel de cumprimento do compromiso adquirido o pasado 2 de xullo coa sinatura do Pacto do Obradoiro.

Por último salientou que o ministro José Blanco garantiu que os recortes orzamentarios da Administración central non afectarán aos orzamentos establecidos para as infraestruturas ferroviairas de Galicia.

Pacto por el territorio
Por outra banda, o conselleiro de Medio Ambiente insistiu na vontade da consellería de acadar un pacto polo trerritorio, “cuestión que foi plantexada na miña primeira intervención na cámara galega, no pasado mes de xuño, para dar conta dos obxectivos da consellería. Alégrome de que o principal grupo da oposición estea de acordo en acadar ese pacto. Na consellería traballamos precisamente para sacar do debate político cuestións que creemos que deben estar fora, como as Directrices de Ordenación do Territorio, a Lei do Solo e o Plan do Litoral”, afirmou.


 

  • whatsapp