Xunta de Galicia

Conde reúnese coa nova directiva da Fundación Galicia Empresa para avaliar novas vías de colaboración

O conselleiro de Economía e Industria mantivo un encontro co presidente da entidade, José Manuel Sánchez Padrós, e os membros da Comisión Executiva

Na reunión presentáronlle ao conselleiro as actividades desta organización centrada no emprego do galego e na promoción da cultura do país na actividade empresarial
 
  • O conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, mantivo hoxe un encontro co novo presidente da Fundación Galicia Empresa, Juan Manuel Sánchez Padrós, secretario xeral de R, e os membros da nova Comisión Executiva
    Autor: Ana Varela

Santiago, 5 de novembro de 2013.- O conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, mantivo hoxe un encontro co novo presidente da Fundación Galicia Empresa, Juan Manuel Sánchez Padrós, secretario xeral de R, e os membros da nova Comisión Executiva desta organización co obxectivo de reforzar a colaboración que se vén mantendo e abrir novas vías de cooperación con esta organización que ten como fin a promoción, a vertebración e a divulgación da empresa galega como unha entidade vinculada á realidade socioeconómica galega.

Tras a renovación da súa directiva o pasado mes de xuño, a Fundación Galicia Empresa presentoulle ao conselleiro as actividades desta organización, que ten como obxectivo a normalización do uso do galego na empresa, o apoio á aplicación dunha estética diferenciadora dos produtos galegos e a creación de centros de diálogo e de publicacións relativas á vinculación da empresa coa realidade de Galicia.

No encontro o conselleiro resaltou o importante papel da Fundación, que aglutina a máis de 50 empresas de sectores tan diversos como as telecomunicacións, a automoción, a construción, a industria naval, a alimentación ou as industrias culturais, promovendo o uso do galego en convivencia con outras linguas e impulsando a competitividade da empresa galega como entidade específica.

Ademais de Juan Manuel Sánchez Padrós, ao encontro asistiron os ex presidentes da entidade Ramón Castromil Ventureira, Benito Fernández, de Engasa e Manuel Rodríguez Vázquez, de Rodman-Polyships; así como Emilio Pérez Nieto, do grupo Pérez Rumbao; Angel Seco, de Altair; Paulino Novo, da CRTVG, e Javier Suárez-Vence.

  • whatsapp