Xunta de Galicia

A Xunta impulsa a captación de capital privado polas empresas innovadoras do sector biotecnolóxico

A Axencia Galega de Innovación-GAIN e o clúster do sector, Bioga, poñen en contacto a 8 proxectos galegos con unha decena de investidores na sexta edición da lonxa de investidores que se celebra en Lugo

O director de GAIN, Manuel Varela, destaca que a biotecnoloxía galega está xa no grupo de cabeza de España, e sinala que a Estratexia de Impulso á Biotecnoloxía 2016-2020 consolidará ese liderado

A folla de ruta culmina a vertebración do apoio público ao sector Bio galego, sumando 200 millóns de euros en investimento ata 2020, dos que os primeiros 37 millóns se están a investir este ano
 

  • A Axencia Galega de Innovación-GAIN e o clúster do sector, Bioga, poñen en contacto a 8 proxectos galegos con unha decena de investidores na sexta edición da lonxa de investidores que se celebra en Lugo
  • A Axencia Galega de Innovación-GAIN e o clúster do sector, Bioga, poñen en contacto a 8 proxectos galegos con unha decena de investidores na sexta edición da lonxa de investidores que se celebra en Lugo

Lugo, 16 de xuño.- O director da Axencia Galega de Innovación-GAIN, Manuel Varela, destacou hoxe o impulso que suporá o Bio Investors Day, celebrado hoxe na sede do CETAL en Lugo, para a captación de capital privado polas empresas innovadoras galegas do sector biotecnolóxico. Varela participou na sexta edición desta loxa de financiamento, que permite a 8 proxectos galegos, Qubiotech, LINCbiotech, BETA, Oncostellae, RESETEA, Secretos de Galicia, Midiadiatech e Alasature, presentarse ante investidores profesionais de toda España.

En concreto, ata o CETAL achegáronse entidades investidoras como Enisa, DCTI, a propia GAIN, Xesgalicia, Unirisco, Abanca, Caixa Capital Risc, One to One, Bamboo Venture Capital, e Capital Cell. Ademais, outras entidades trasladaron á Xunta o seu interese por analizar os proxectos presentados hoxe de cara a posibles investimentos, como Vigo Activo, Inveready, CrossRoad Biotech, Demeter, B-Able e Inkemia.

Varela subliñou con este impulso á captación de capital risco a lonxa alíñase con varios dos obxectivos plantexados pola Xunta na Estratexia de Impulso á Biotecnoloxía 2016-2020, creada en colaboración con 66 axentes do sector, e que culmina a vertebración do apoio público ao sector Bio galego, sumando 200 millóns de euros en investimento ata 2020, dos que os primeiros 37 millóns se están a investir este ano.

O director de GIAN lembrou que a Estatexia busca a creación de 30 novas empresas biotecnolóxicas, crecendo un 15% sobre as preto de 220 coas que se conta na actualidade; acadar unha facturación de 300 millóns de euros, crecendo un 20% sobre os preto de 250 millóns de euros que suman hoxe; xerar 300 novos empregos cualificados no sector, un 25% máis dos preto de 1.300 postos de traballo que existen neste momento; e conseguir un recoñecemento internacional de Galicia no entorno biotecnolóxico.

De camiño a eses obxectivos, resaltou, a captación de capital privado e sobre todo a compra pública innovadora serán dúas ferramentas claves, que permitirán que a biotecnoloxía galega sexa ademais unha panca fundamental para a I+D+i do resto de sectores estratéxicos da economía galega. En concreto, sinalou Varela, a biotecnoloxía permitirá de impulsar novos produtos e procesos para o sector lácteo, reforzar a eficiencia na sanidade animal e derivados, mellorar a alimentación funcional e o envellecemento activo, desenvolver novas tecnoloxías para a medicina personalizada, mellorar a diagnose e tratamento eficiente a través da xenética, e impulsar a innovación aberta no descubrimento de fármacos e as tecnoloxías facilitadoras, ademais de aproveitar mellor os recursos mariños e pesqueiros.
 

  • whatsapp