Xunta de Galicia

Horario e tarifas do 012

Atención al ciudadano: 012 / 012@xunta.gal

Horario

O horario de atención é de 8 a 20 horas, de luns a venres non festivos, excepto os servizos telefónicos correspondentes ás seguintes materias, que informarán durante os períodos que se indican (xeralmente máis amplos) tal e como se detalla:

Servizo Horario
Información ao agro galegoDe luns a venres de 8:00 a 20:00 horas
Sábados de 8:00 a 17:30 horas
Atención a usuarios/as do Servizo de Emprego de Galicia (demandantes e empregadores)De luns a venres de 8:00 a 20:00 horas
Sábados de 9:00 a 14:00 horas
Muller, social e liña de axuda á infancia24 horas todos os días
VoluntariadoDe luns a venres de 8:00 a 15:00 horas
Información afectivo sexual “Quérote”De luns a xoves de 9:00 a 14:00 horas e de 16:30 a 19:00 horas e venres de 9:00 a 14:00 horas (horario de inverno)
De luns a venres de 9:00 a 14:00 (horario de verán)
Centro de control de teleoperación que dá soporte á xestión operativa do Servizo Galego de Apoio á Mobilidade PersoalDe 8:00 a 20:00 horas, todos os días

Tarifas

Número Desde rede fixa Desde rede móbil
012Prezo de chamada ordinaria fixo-fixo no territorio nacional dunha duración de 160 segundosPrezo de chamada ordinaria móbil-fixo no territorio nacional dunha duración de 160 segundos

O custo da chamada dependerá, polo tanto, do tipo de tarifa/servizo que o/a usuario/a teña contratada coa súa compañía telefónica.

Atendendo aos colectivos aos que vai dirixido, os servizos telefónicos da Muller, Social, Liña de axuda á infancia, Voluntariado e Teléfono 065 son gratuítos sempre que se chame directamente ao teléfono específico do servizo.