A marca
  • whatsapp

O Decreto 409/2009 do 5 de novembro (DOG nº 227, do 19 de novembro de 2009) establece o uso prioritario do logotipo da Xunta de Galicia coa representación tipográfica da expresión “Xunta de Galicia” fronte ao emprego de logotipos pertencentes a entes públicos autonómicos e mesmo ao uso da mesma expresión unida á do nome das consellerías.

Nos apartados terceiro, cuarto e quinto do capítulo segundo do nomeado Decreto, así como no seu apartado segundo do capítulo terceiro, regúlase o emprego da representación tipográfica da expresión do nome das consellerías e órganos dependentes delas, así como das súas delegacións e xefaturas territoriais. A utilización da marca da Xunta de Galicia cos nomes das consellerías queda limitado aos seguintes usos:

  1. Papelería oficial.
  2. Sinalización de edificios.
  3. Portada interior de publicacións específicas das consellerías.

No caso dos organismos e empresas públicas dependentes das consellerías, o uso dos logotipos propios destes entes xunto á imaxe corporativa institucional da Xunta de Galicia requirirá a autorización previa da Secretaría Xeral de Medios.