Marca Galicia

O seu uso vén definido polo Decreto 121/2011, do 16 de xuño, polo que se aproba a marca turística de Galicia e se regula a súa utilización.

  • whatsapp whatsapp

O decreto sinala que os departamentos da Xunta de Galicia, os seus organismos autónomos, as axencias públicas autonómicas, as entidades públicas empresariais, os consorcios autonómicos, as fundacións do sector público autonómico e as sociedades mercantís públicas autonómicas, sen prexuízo da observancia do vixente código de identificación corporativa da Xunta de Galicia aprobado polo Decreto 409/2009, do 5 de novembro, utilizarán como elemento adicional a marca turística, segundo as prescricións do manual básico que figura coma anexo deste decreto, en todas as súas accións de comunicación audiovisuais, escritas ou plásticas.