CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E VIVENDA
Biografía da conselleira

Biografía da conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel María Vázquez Mourelle

  • whatsapp
...
Ethel María Vázquez Mourelle, conselleira de Infraestruturas e Vivenda
Ethel María Vázquez Mourelle naceu en Santiago de Compostela en 1972. É enxeñeira técnica superior de Camiños, Canais e Portos pola Universidade da Coruña.

Tras rematar os estudos superiores, en 1996 comezou a súa traxectoria profesional na empresa privada, ata que, en 2003, se incorpora ao organismo autónomo Augas de Galicia.

Ethel Vázquez asume a presidencia de Augas de Galicia e da Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos (EPOSH) da Xunta de Galicia en abril de 2009, cargo que exerceu ata ser nomeada directora xeral de Infraestruturas en setembro de 2010. En abril de 2011 asume a presidencia da Sociedade Pública de Investimentos de Galicia.

En xaneiro de 2012 foi nomeada Directora da Axencia Galega de Infraestruturas.

Desde 2014 a 2015 foi conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

Desde outubro de 2015 é conselleira de Infraestruturas e Vivenda.

Ligazóns relacionadas