CONSELLERÍA DO MAR
Biografía da conselleira

Biografía da conselleira do Mar, Rosa Quintana Carballo

  • whatsapp
...
Rosa Quintana Carballo, conselleira do Mar

Rosa Quintana Carballo naceu en Venezuela en 1959. É licenciada en Ciencias Biolóxicas pola Universidade de Santiago de Compostela e Doutora en Bioloxía coa tese Contribución ao coñecemento do desenvolvemento gonadal do mexillón galego cultivado .

A súa traxectoria profesional está moi vinculada a unha das áreas competenciais da Consellería da que hoxe é titular. No ano 1987 comezou a traballar como funcionaria da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, departamento no que, en 1989, pasou a ocupar a xefatura do servizo responsable da inspección pesqueira. En 1992 foi nomeada xefa fo Servizo de marisqueo e, a partir de 1997, ocupou o posto de Delegada Territorial en Vigo da devandita Consellería. En 2001, xa na Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, foi designada directora xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro.

En marzo de 2009 asumiu a titularidade da Consellería do Mar da Xunta de Galicia e, tralas modificacións da estrutura orgánica do goberno galego de xaneiro de 2012, foi nomeada conselleira do Medio Rural e do Mar.

Rosa Quintana ten intervido en cursos e publicado traballos relacionados coa pesca, o marisqueo e a acuicultura. No ano 2007 participou como experta na celebración de seminarios sobre lexislación alimentaria na Unión Europea  para produtos da pesca e da acuicultura en Porto Varas (Chile). 

Desde 2009 a 2012 foi conselleira do Mar.

Desde 2012 a 2015 exerceu como conselleira do Medio Rural e do Mar, volvendo a ser nomeada como conselleira do Mar en outubro de 2015.

Ligazóns relacionadas