CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E ORDENACIÓN DO TERRITORIO
Biografía da conselleira

Biografía da conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato Otero

  • whatsapp
...
Beatriz Mato Otero, conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

Beatriz Mato Otero naceu en Barakaldo en 1965. É enxeñeira industrial, con especialidade en Organización Empresarial, pola Escola Técnica Superior de Enxeñeiros Industriais de Bilbao, e obtivo o master de Dirección e Administración de Empresas da Escola de Negocios MBA, homologada pola Universidade da Coruña.

No ano 1989, como técnico de sistemas da multinacional IBM, iniciou a súa traxectoria profesional no sector privado, no que continuaría primeiro como técnico comercial de Rank Xerox España S.A. e, posteriormente, como técnico do departamento de calidade de Norcontrol S.A.

En 1994 pasa a formar parte do IGAPE, o Instituto Galego de Promoción Económica, ente público adscrito, daquela, á Consellería de Economía e Facenda e no que, a partir de 2000 exerceu como delegada da súa oficina territorial na Coruña.

No ano 2002 Beatriz Mato incorpórase á Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos como delegada provincial desta na Coruña para, en 2005, ingresar como deputada do Grupo Popular no Parlamento de Galicia. Nesta VII lexislatura ocupou a portavocía de Traballo.

Desde 2009 ata 2015 foi conselleira de Traballo e Benestar.

Desde outubro de 2015 é conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.

Ligazóns relacionadas