Máis de 18.200 alumnos de Vigo e a súa área beneficiaranse este ano dos contratos-programa impulsados pola Consellería de Cultura e Educación

Na sinatura destes plans de mellora Román Rodríguez salientou que o dato do último trimestre nos achega ao 15% obxectivo da Estratexia, Educación e Formación 2020 da Unión Europea

Un total de 86 centros educativos públicos desenvolverán estes plans de mellora
 

Vigo, 3 de febreiro de 2016
  • whatsapp whatsapp

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, presidiu hoxe a sinatura dos contratos-programa que desenvolverán 86 centros educativos públicos de Vigo e a súa área neste curso 2015/2016, un acto no que sinalou estes plans de mellora como unha das políticas educativas da xunta que permitiu baixar o abandono educativo temperá en Galicia case 9 puntos respecto de 2009. Neste sentido, o titular do departamento de ensino do Goberno galego salientou que o último dato trimestral dispoñible sitúa o abandono en Galicia nun 15,7%, moi preto xa do 15% obxectivo da Estratexia, Educación e Formación 2020 da Unión Europea. Ademais, a media do ano 2015 foi do 17%, case 9 puntos menos ca media do ano 2009.

O conselleiro explicou que a través dos contratos-programa e partindo da autonomía dos centros conseguiuse, ademais de visibilizar o esforzo da comunidade educativa en prol do éxito escolar, afondar na cultura da avaliación.

Neste sentido destacou que este curso un total de 69 centros galegos desenvolverán contratos-programa deseñados de forma específica en función dos resultados da proba de terceiro de Primaria realizada o mes de maio pasado. Todos eles contarán, ademais, cun profesor de apoio contratado a maiores para desenvolver este plan de mellora.

Román Rodríguez salientou, así mesmo, como obxectivos dos contratos-programa mellorar a adquisición de competencias clave, favorecer a atención educativa dos colectivos máis vulnerables e apoiar a evolución do alumnado con maior capacidade e motivación para aprender e, en xeral, mellorar a calidade educativa e loitar contra o abandono temperá.

No acto o conselleiro estivo acompañado, entre outras autoridades, polo delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves.

Liñas de actuación
Un total de 86 centros públicos de Vigo e área– 61 de primaria e 25 de secundaria beneficiaranse desta iniciativa - que ten como obxectivos promover a excelencia educativa e loitar contra o abandono escolar. A iniciativa beneficiará este curso a case 18.200 alumnos desta zona, e contará coa implicación de máis de 1.300 docentes dos centros que nela participan nesta área.

A liña de actuación máis solicitada continúa a ser a número 1(antigo programa PROA), para o reforzo, orientación e apoio do alumnado que presente dificultades de aprendizaxe, así como daquel con desvantaxe educativa polo contorno sociocultural. Un total de 75 centros docentes desenvolverán esta primeira liña, para o que contarán cun total de 43 docentes de apoio contratados a maiores pola Consellería para tal fin.

A liña número 2, a referida á mellora das competencias clave, é a segunda en número de participantes. Así, a liña 2a, competencia matemática, será de desenvolvida por 30 centros; mentres que a 2b, competencia en comunicación lingüística, contará con 25 centros participantes; pola súa parte, a 2c, deseñada para reforzar as competencias en ciencia e tecnoloxía, será desenvolvida por 10 centros.

No caso da terceira liña, que se centra na mellora da convivencia e incorpora este ano por primeira vez a promoción da igualdade, contará coa participación de 20 centros; na liña 4, dirixida á prevención do abandono escolar temperán e do absentismo escolar, participará 1 centro.

Nas liñas 5 e 6, dirixidas á mellora do nivel de coñecementos para acadar a excelencia e á mellora da calidade na xestión dos centros, participarán 10 e 4 centros educativos públicos, respectivamente.


Os centros participantes en Vigo e área son os seguintes:

NOME CENTRO
CONCELLO
1
2a
2b
2c
3
4
5
6
CEIP Manuel Rodríguez Sinde
A Guarda
X
X
X
 
 
 
 
 
CEIP A Sangriña
A Guarda
X
 
 
 
 
 
 
 
CEIP Plurilingüe As Solanas - Nicolás Gutiérrez Campo
A Guarda
X
 
 
 
 
 
 
 
IES A Sangriña
A Guarda
X
X
X
 
X
 
X
 
CEIP Antonio Carpintero
Arbo
X
 
 
 
 
 
 
 
CEIP Marquesa do Pazo da Mercé
As Neves
X
X
X
 
 
 
 
 
IES Pazo da Mercé
As Neves
 
 
 
 
 
 
X
 
CPI de Cova Terreña
Baiona
X
 
 
 
X
 
 
 
CEP de Sabarís
Baiona
X
 
 
 
 
 
 
 
CEIP de Belesar
Baiona
X
 
 
 
X
 
X
 
CEIP Plurilingüe Manuel Sieiro
Crecente
 
X
X
 
X
 
 
 
CEIP Souto-Donas
Gondomar
X
 
 
 
 
 
 
 
CEP Xosé Neira Vilas
Gondomar
X
 
 
 
 
 
 
 
IES Auga da Laxe
Gondomar
X
 
 
 
 
 
 
 
IES Plurilingüe Terra de Turonio
Gondomar
X
 
 
 
 
 
 
 
CPI de Mondariz
Mondariz
X
 
 
 
 
 
 
 
CEIP de Atín-Cela
Mos
X
 
 
 
 
 
 
 
IES de Mos
Mos
X
 
 
 
X
 
 
 
CEIP Humberto Juanes
Nigrán
X
X
 
 
 
 
 
 
IES Val Miñor
Nigrán
 
 
 
 
X
 
 
 
CEIP Mallón
Nigrán
X
 
 
 
 
 
 
 
CPI da Ribeira
O Porriño
X
 
 
 
 
 
 
 
CEIP Plurilingüe Antonio Palacios
O Porriño
X
X
X
 
 
 
 
 
CEIP Plurilingüe de Atios
O Porriño
X
 
 
 
 
 
 
X
IES Ribeira do Louro
O Porriño
X
 
 
 
 
X
X
 
CEIP Mestre Manuel García
Oia
X
X
X
X
X
 
 
 
CEIP Feliciano Barrera
Ponteareas
X
 
 
 
 
 
 
 
CEIP Nosa Señora dos Remedios
Ponteareas
X
X
X
X
X
 
 
X
CEIP Fermín Bouza Brey
Ponteareas
X
 
 
 
 
 
 
 
CEIP de Santiago de Oliveira
Ponteareas
X
X
 
 
 
 
 
 
CEIP Mestre Ramiro Sabell Mosquera
Ponteareas
X
X
X
 
X
 
 
 
IES de Ponteareas
Ponteareas
X
X
 
 
X
 
 
 
IES Frei Martín Sarmiento
Pontevedra
X
 
 
 
 
 
 
 
CEIP Plurilingüe Outeiro das Penas
Redondela
 
X
X
X
 
 
 
 
CEP Santa Mariña
Redondela
X
 
 
 
 
 
 
 
CEIP de Cedeira
Redondela
X
 
 
 
 
 
 
 
CEIP de Laredo
Redondela
X
X
X
X
X
 
X
X
IES Pedro Floriani
Redondela
X
 
 
 
X
 
 
 
CEP Altamira
Salceda de Caselas
X
X
X
 
 
 
X
X
CEIP Plurilingüe Infante Felipe de Borbón
Salvaterra de Miño
X
X
X
 
 
 
 
 
CEIP de Leirado
Salvaterra de Miño
 
X
X
X
 
 
 
 
CEP Carlos Casares
Salvaterra de Miño
X
X
X
X
 
 
 
 
CEIP de Tebra
Tomiño
X
 
 
 
 
 
 
 
CEP Pedro Caselles Beltrán
Tomiño
X
 
 
 
 
 
 
 
CEIP de Sobrada
Tomiño
 
X
X
X
X
 
 
 
CEIP de Barrantes
Tomiño
X
 
 
 
 
 
 
 
IES de Tomiño
Tomiño
X
 
 
 
 
 
 
 
CEIP de Pazos de Reis
Tui
X
X
X
X
 
 
 
 
CEIP Plurilingüe Nº 1
Tui
X
 
 
 
 
 
 
 
CEIP Plurilingüe Nº 2
Tui
X
 
 
 
 
 
 
 
IES San Paio
Tui
X
 
 
 
 
 
 
 
IES Indalecio Pérez Tizón
Tui
X
 
 
 
 
 
 
 
CEIP Plurilingüe de Guillarei
Tui
X
X
X
 
 
 
 
 
CEIP de Randufe
Tui
X
X
X
 
 
 
 
 
CEIP de Rebordáns
Tui
X
 
 
 
 
 
 
 
CEIP Otero Pedrayo
Vigo
X
X
X
 
X
 
 
 
CEIP de Coutada-Beade
Vigo
X
 
 
 
 
 
 
 
CEIP Virxe do Rocío
Vigo
X
X
 
 
 
 
 
 
CEIP Plurilingüe Carballal-Cabral
Vigo
X
 
 
 
 
 
 
 
CEIP O Sello
Vigo
X
X
X
 
 
 
 
 
CEIP de Fonte Escura
Vigo
X
 
 
 
 
 
 
 
CEIP da Igrexa-Candeán
Vigo
X
 
 
 
X
 
 
 
CEIP Mestres Goldar
Vigo
X
X
X
 
 
 
 
 
CEIP A Paz
Vigo
X
 
 
 
 
 
 
 
CEIP Valle-Inclán
Vigo
X
 
 
 
 
 
 
 
CEIP Alfonso D. Rodríguez Castelao
Vigo
 
X
X
X
 
 
 
 
CEIP Plurilingüe Ría de Vigo
Vigo
X
 
 
 
X
 
 
 
CEIP Vicente Risco
Vigo
X
 
 
 
 
 
 
 
CEIP San Salvador
Vigo
X
 
 
 
 
 
 
 
CEIP Emilia Pardo Bazán
Vigo
X
X
 
 
 
 
 
 
CEIP Plurilingüe Ramón y Cajal
Vigo
X
X
X
 
 
 
 
 
CEE Saladino Cortizo
Vigo
 
 
 
 
X
 
 
 
IES Castelao
Vigo
X
 
 
 
 
 
 
 
IES Santa Irene
Vigo
X
 
 
 
 
 
 
 
CEP Santa Tegra-Teis
Vigo
X
 
 
 
 
 
 
 
IES Álvaro Cunqueiro
Vigo
X
 
 
 
 
 
 
 
CEIP Balaídos
Vigo
X
 
 
 
 
 
 
 
CEP Celso Emilio Ferreiro
Vigo
X
 
 
 
 
 
 
 
CEIP García Barbón
Vigo
X
 
 
 
 
 
 
 
IES Carlos Casares
Vigo
 
 
 
 
 
 
X
 
IES de Teis
Vigo
X
 
 
 
 
 
 
 
CEIP Plurilingüe Pintor Laxeiro
Vigo
X
 
 
 
 
 
 
 
IES República Oriental do Uruguai
Vigo
X
X
X
X
X
 
X
 
IES de Beade
Vigo
 
 
 
 
X
 
X
 
IES do Castro
Vigo
 
 
 
 
 
 
X
 
IES Valadares
Vigo
X
X
X
 
X
 
 
 
          

Incremento de orzamento
Os contratos-programas procuran unha mellora da calidade do ensino para reducir a porcentaxe de alumnado con baixo rendemento. Para iso, cada centro de ensino analiza as súas eivas e fortalezas e propón á Administración educativa a sinatura dun documento, ‘o contrato-programa’, no que se propoñen actuacións para a mellora do alumnado. Deste xeito, a actuación funciona como un exercicio de autonomía dos centros, posibilitando que deseñen os seus propios plans de mellora en base ás súas necesidades particulares.

No conxunto de Galicia serán 378 os centros que desenvolvan contratos-programas, do que se beneficiarán máis de 82.000 alumnos, 7 veces máis ca hai 5 cursos. Isto supón que 1 de cada 3 centros públicos está integrado neste iniciativa.

Cómpre salientar, ademais, que a Consellería reforzou este ano a partida orzamentaria destinada aos contratos-programa, que acadan os 3,1 millóns de euros, un 18% máis ca no curso anterior. Isto permite a contratación en toda a Comunidade Autónoma de 154 docentes externos de apoio adicionais – para o desenvolvemento da actuación 1, a coñecida como ‘PROA’-, un 61% máis que o ano pasado, dotando deste persoal a todos os centros que o solicitaron. Ademais, implicaranse nos contratos-programa un total de 6.375 profesores dos centros que os desenvolven.
 

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 03/02/2016