A Policía Autonómica detén un home en Ourense por incumprimento da orde de afastamento da súa parella

Actualmente a Policía Autonómica ten asignada a protección dun total de 177 vítimas de violencia de xénero

Santiago de Compostela, 21 de abril de 2017
  • whatsapp

Axentes da Policía Autonómica de Ourense informaron hoxe da detención dun home por incumprimento dunha sentenza que prohibía comunicarse e aproximarse á súa ex-parella, da cal tiña orde de afastamento.

Axentes do grupo Viogen, de Protección de Mulleres Vítimas de Violencia de Xénero da Policía Autonómica de Ourense, procederon a detención dun varón ao sorprendelo quebrantando de novo a medida xudicial decretada.

Polos feitos foron tramitadas dilixencias na comisaría da Policía Nacional de Ourense e foi posto a disposición xudicial. O xulgado de instrución número 3 decretou o seu ingreso en prisión.

Actualmente a Unidade Adscrita en Galicia ten asignada a protección dun total de 177 vítimas de Violencia de Xénero.