O delegado territorial da Xunta en Vigo inaugura o II Congreso da Confederación Nacional de Xubilados e Pensionistas
Vigo, 21 de abril de 2017
  • whatsapp

O delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, participou esta mañá na inauguración do II Congreso da Confederación Nacional de Xubilados e Pensionistas que nesta ocasión elixiu a cidade olívica para a súa celebración. No acto, recordou o compromiso do Goberno galego co gasto social e o investimento en infraestruturas sociais, “o maior da última década”, dixo. Neste senso citou algunhas das medidas postas en marcha pola Administración autonómica para o fomento da natalidade e o envellecemento activo e saudable, ao tempo que destacou que neste 2017 as partidas económicas no ámbito da inclusión social ascenderán a un total de 106,9 millóns de euros.

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 21/04/2017