A Xunta amosa ao director do organismo nacional de sanidade pesqueira de Perú o control oficial da produción e comercialización que se realiza en Galicia
Santiago, 21 de abril de 2017
  • whatsapp

O director executivo do Organismo Nacional de Sanidade Pesqueira (Sanipes) de Perú, Ernesto Bustamante Donayre, coñeceu o control oficial da produción e comercialización de moluscos bivalvos que se desenvolve na nosa comunidade a través do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia (Intecmar). O director executivo de Sanipes visitou esta mañá o Intecmar, e da man da directora do centro, Covadonga Salgado, realizou un percorrido polas instalacións do instituto.

A directora do instituto de Vilaxoán explicoulle o funcionamento de cada unha das unidades do centro. Coa finalidade de coñecer o funcionamento dos controis oficiais esixidos na Unión Europea (UE), o persoal do Intecmar explicoulle como se realiza o control sanitario para garantir a seguridade alimentaria dos moluscos. Ademais, o director executivo de Sanipes coñeceu os labores de mostraxe de auga, para determinar as condicións oceanográficas e os recontos de fitoplancto e tamén veu o sistema de control de patoloxías nos bivalvos.
 

Imaxes relacionadas
Departamento: C. do Mar
Data de actualización: 21/04/2017