A Xunta construirá una senda peonil e ciclista na estrada PO-307, no treito que une Deiro coa ponte da Illa de Arousa, cun investimento de case 2 millóns de euros

O Executivo autonómico publica hoxe no DOG o anuncio polo que se someten a información pública estes proxectos, que están incluídos no estudo de Fomento da mobilidade sostible: Sendas peonís e/ou ciclistas na comarca do Salnés", unas actuacións que serán cofinanciada con Fondos FEDER 14/20

Francisco Menéndez dixo que o prazo para presentación de alegacións abranguerá nos dous casos desde o día 24 deste mes ata o 7 de xuño
 

Santiago, 21 de abril de 2017
  • whatsapp

O director da Axencia Galega de Infraestrutura, (AXI) Francisco Menéndez, acompañado do delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou hoxe co alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán, a contorna de San Miguel de Deiro, neste Concello pontevedrés, onde o Goberno galego construirá unha senda peonil e ciclista na estrada PO-307, concretamente, no treito que une o lugar de Deiro coa ponte da Illa de Arousa, desde o punto quilométrico 0+000 ao 1+650 e na PO-549, desde Tarrio a Cores, p.q. 6+200 ao7+200.

Así, o Executivo autonómico publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) o anuncio polo que se someten a información pública estes proxectos de construción, que están incluídos no estudo de Fomento da mobilidade sostible: Sendas peonís e/ou ciclistas na comarca do Salnés", unas actuacións que serán cofinanciada con Fondos FEDER 14/20.

Francisco Menéndez dixo que o prazo para presentación de alegacións abranguerá nos dous casos desde o día 24 deste mes ata o 7 de xuño e contará cun orzamento de algo case dous millóns de euros. Para obter máis información pódese consultar o seguinte enlace: https://goo.gl/9WR1fu.

As expropiacións redactáronse en base á información dispoñible no rexistro do Catastro e atendendo a esta información, veranse afectadas polas obras 177 fincas, aínda que en moitas delas realizarase unicamente unha ocupación temporal durante a fase de obras.

O director da Axencia Galega de Infraestruturas explicou que o proxecto define a execución dunha senda para uso peonil e de ciclistas nos seguintes tramos, situados integramente no Concello de Vilanova de Arousa:

Na PO-549: actuarase no tramo comprendido entre o p.q. 6+200. Punto situado en Tarrío no que finalizan as actuais beirarrúas, e o 7+210, no que conecta cun tramo de beirarrúa executado en 2012 pola AXI; no punto quilométrico 6+500 hai unha glorieta na intersección coa PO-307, na que conflúen as sendas proxectadas nas dúas estradas.

Así mesmo, definirase unha senda peonil en formigón polas dúas marxes da estrada e un ancho mínimo de dous metros e de case 1.060 metros de lonxitude de senda pola marxe esquerda e 1.035 m pola dereita.

 Na PO-307: traballarase no tramo comprendido entre o p.q.0 (glorieta coa PO-549 e coa PO-530) e o 1+640, ponte da Illa de Arousa; deste xeito conecta coa senda existente na ponte e coa recentemente finalizada coa obra “Pista bici compartida na PO-306, Vilanova de Arousa - ponte da Illa de Arousa”

Tamén se executarán, aproximadamente. Dous quilómetros de senda (1.640 metros pola marxe esquerda e 280 m. pola dereita. A sección tipo contará con 3 metros de ancho e separarase da calzada mediante unha banda verde.

Plan de Sendas
O Plan de Sendas de Galicia concreta a construción de 170 novos quilómetros de itinerarios -peonís e para bicis- seguros, sostibles e integrados na paisaxe. O Goberno galego, a través da Axencia Galega de Infraestruturas, destinará este ano un total de 10,5 millóns de euros ao Plan de Sendas de Galicia, que xa dispón de 40 proxectos aprobados.

Este Plan ten como obxectivo incrementar a seguridade de peóns e ciclistas, posto que son os usuarios máis vulnerables das estradas. Tamén busca promover unha mobilidade máis sustentable, favorecendo modos de desprazamento menos contaminantes e alternativos á utilización do vehículo particular.
 

Data de actualización: 21/04/2017