A Xunta premia os proxectos de innovación en FP ideados por 18 centros educativos públicos galegos

Nas iniciativas galardoadas neste concurso participan 34 empresas ou entidades

Santiago de Compostela, 17 de maio de 2017
  • whatsapp

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publica hoxe a resolución dos premios para o desenvolvemento de proxectos de innovación tecnolóxica ou científica e proxectos de innovación didáctica no ámbito da Formación Profesional, uns galardóns que recoñecen iniciativas de 18 centros coas que tamén colaboran un total de 34 empresas ou entidades. Este certame ten como obxectivo impulsar o emprendemento e as ideas anovadoras no marco destas ensinanzas. Neste sentido o potencial dos ciclos formativos puido comprobarse a pasada semana durante a celebración da segunda edición do congreso FPInnova Galicia, no que se exhibiron 40 proxectos innovadores, nos que participaron 23 centros educativos e 30 empresas.

O departamento educativo da Xunta destinou a estes premios un total de 290.000 euros. Desde a súa primeira edición en 2014, a convocatoria anual destes galardóns supuxo un investimento de máis de un millón de euros.

O concurso propuxo dúas modalidades. Na primeira dela participaron proxectos que tiñan como obxectivo a innovación tecnolóxica ou científica e a mellora de procesos de produción ou prestación de servizos. Nela resultaron premiados un total de nove proxectos, que se relacionan na seguinte táboa:
 

Centro coordinador
Entidade colaboradora
Proxecto
CIFP As Mercedes (Lugo)
Geoclima ST

Biomasa-stirling-fotovoltaica. Hibridación de sistemas para produción de electricidade e calor

IES Fraga do Eume (Pontedeume)
Agroalimentaria do Eume

Elaboración de cervexa artesá baixo a marca "Quilómetro cero"

CIFP As Mercedes (Lugo)

Actividades Aeronáuticas Lucenses S.L., AEROLUGO e Globalgis Solutions

Desenvolvemento da fabricación e ensamblaxe dun DRON/RPA

CIFP Carlos Oroza  (Pontevedra)

Centros colaboradores: CIFP A Granxa e IES Montecelo)

 

Estación Fitopatolóxica de Areeiro, O Eurado da Leña S.L., Promove Consultoría e Formación S.L., Escola de Hotelaria e Turismo do Douro-Lamego e Asociación Micolóxica Brincabois

A nosa camelia: tan curiosa como saborosa

CIFP Politécnico de Santiago (Santiago de Compostela)

Centro colaborador: CIFP Valentín Paz Andrade

MakerGal
Impresora DELTA gran formato multifuncional
CIFP Ferrolterra  (Ferrol)

Centros colaboradores: CIFP As Mercedes e CIFP Porta da Auga

Navantia S.A. e Protección Medio Ambiental S.L. (PMA)

Xestión e almacenamento de residuos no CIFP Ferrolterra

IES Montecelo (Pontevedra)
Centro colaborador: IES de Vilalonga
 
Inelsa Solar S.L. e Desguaces San S.L.
Climóbil Solar
CIFP Ánxel Casal - Monte Alto (A Coruña)
Centro colaborador: CIFP Politécnico de Lugo
 
Fuertespenedo Arquitectos

Elaboración dun prototipo dunha unidade ecosustentable para soporte de asistencia sanitaria en situacións de risco especial

 
CIFP Politécnico de Lugo  (Lugo)
Digamel S.A.

Modulación automática dunha central de aspiración

  
 

No caso da modalidade B, para proxectos que teñan como obxectivo a creación de materiais ou recursos didácticos que supoñan unha clara innovación nalgunha das familias profesionais, resultaron premiadas as seguintes iniciativas:

 
 
Centro coordinador
Entidade colaboradora
Proxecto
CIFP Ferrolterra (Ferrol)
Centro colaborador: IES de Fene
Navantia S.A. e Talleres Mecánicos S.L.

Proxecto Francobordo: adestrador de instalacións navais

CIFP Valentín Paz Andrade (Vigo)

Tesla Servicios Integrales de Ingeniería S.L.

Aeroxerador didáctico. Montaxe a escala dun aeroxerador eólico asíncrono de eixe horizontal

IES de Ortigueira (Ortigueira)
Centro colaborador: CIFP Ferrolterra

Finsa, Madeiras Besteiro S.L., Allforsail S.L. e Gairesa

ORTImaster
CIFP Someso (A Coruña)

Centros colaboradores: CIFP Ferrolterra, IES de Fene e IES María Sarmiento

 

Navantia S.A., Iberdrola Renovables e Talleres Mecánicos Galicia S.L.

Maquetación e modelización de estrutura offshore eólica mariña

IES Chan do Monte (Marín)

Centros colaboradores: IES Xulián Magariños e CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro

 
 

Configuración dunha tenda de comercio electrónico co CRM Prestashop. Posicionamento na internet e outras accións de difusión. Elaboración de material didáctico sobre comercio electrónico para uso na aula nos módulos da familia de Comercio e márketing

IES Universidade Laboral (Culleredo)
Centro colaborador: IES San Clemente
 

Equipos de medición para a eficiencia enerxética en hardware libre (EMEEHL)

IES Monte Neme (Carballo)

ONCE e Asociación de Pais de Discapacitados Psíquicos de Bergantiños (ASPABER)

Ti2=i
IES Fermín Bouza Brey (Vilagarcía de Arousa)
Inforede Servicios Informáticos
Maquetas virtuais industriais para Arduino
IES Pedra da Auga (Ponteareas)

Centro colaborador: IES Frei Martín Sarmiento

 

Deseño e desenvolvemento de prototipo de vivenda domotizada, imprimible en 3d, baseada en plataformas hardware/software abertas e controlada mediante arduino

 
CIFP Coroso (Ribeira)
 
Rivelsa

Innovación no control de proceso dunha máquina clasificadora de envase: optimización de recursos mediante apps

CIFP A Granxa (Ponteareas)

Centro colaborador: IES de Salvaterra de Miño

Arbogal 2007 S.L., Resomaq S.L., Punto Emprego Galego S.L., Comevisa e Megalta

Árbore artificial. Deseño e construción dunha estrutura para a práctica segura dos traballos en altura en arboredo

Data de actualización: 17/05/2017