Un total de 14.449 persoas inscribíronse nas oposicións da Consellería de Cultura e Educación

As probas comezarán o vindeiro 24 de xuño

Santiago de Compostela, 19 de maio de 2017
  • whatsapp

Un total de 14.449 persoas constan como inscritas nos procedementos selectivos de ingreso e acceso ao corpo de profesores de ensino secundario, de acceso ao corpo de profesores de música e artes escénicas, e de ingreso aos corpos de mestres e de profesores técnicos de formación profesional, e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo os datos recollidos pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. As probas, de acordo coa planificación de convocatorias anteriores, comezarán o vindeiro 24 de xuño, de tal forma que as persoas que se incorporen á función docente poidan facelo xa para inicio do curso 2017/18.

Do total dos inscritos, 7467 fixérono nas especialidade de mestre e outros 6113 nas de ensino secundario. Nas especialidades de profesores técnicos de FP inscribíronse 823 persoas, e nas de música e artes escénicas outras 46. Por especialidades, os datos son os seguintes:

 
Profesores de ensino secundario
 
Lingua Castelá e Literatura
745
Xeografía e Historia
936
Matemáticas
713
Física e Química
591
Bioloxía e Xeoloxía
641
Inglés
858
Educación Física
361
Lingua Galega e Literatura
590
Análise e Química Industrial
102
Asesoría e Imaxe Persoal
139
Hostalaría e Turismo
246

Organización e Proxectos de Fabricación Mecánica

191
TOTAL
6113
 
Profesores técnicos de FP
 

Cociña e pastelería

109
Equipos Electrónicos
177
Laboratorio
146
Mantemento de vehículos
162

Sistemas e Aplicacións Informáticas

229
TOTAL
823
 
Mestres
 
Educación Infantil
2550
Lingua estranxeira: Inglés
565
Lingua estranxeira: Francés
139
Educación Física
577
Música
366
Pedagoxía Terapéutica
864
Audición e Linguaxe
540
Educación Primaria
1866
TOTAL
7467
 
Profesores de Música e Artes Escénicas
 
Acordeón
1
Clarinete
2
Guitarra
6
Frauta Traveseira
1
Óboe
1
Piano
15
Viola
2
Violín
4
Violoncello
2
Linguaxe Musical
12
TOTAL
46