Feijóo destaca a excelencia e o traballo do Club de Baloncesto Amfiv, campión da Challenge Cup 2017
Santiago de Compostela, 19 de maio de 2017
  • whatsapp

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, felicitou hoxe o club de baloncesto Amfiv campión da Challenge Cup 2017, unha copa –aseverou- á excelencia, ao orgullo e ao traballo constante desde hai 35 anos.

Durante a recepción, Feijóo afirmou que se hai algún equipo que demostrou que non se rendeu nunca é este club, un exemplo de afouteza e superación.

O presidente da Xunta deu a en hora boa a toda a afección e aos xogadores, por ser os mellores de Europa. Durante a súa intervención tivo tamén palabras de recoñecemento para Pablo Beiro, fundador deste club, e do que afirmou que “aínda que faleceu hai dous anos, segue tendo un lugar destacado no equipo”. Feijóo salientou a súa dedicación e implicación para poñer en valor o baloncesto en cadeira de rodas.
 

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 19/05/2017