A Xunta aposta pola flexibilidade horaria e o teletraballo para promover a conciliación entre os traballadores públicos
Ourense, 19 de maio de 2017
  • whatsapp

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, apostou hoxe pola flexibilidade horaria e o teletraballo como ferramentas fundamentais para promover a conciliación da vida persoal e laboral entre os traballadores públicos. Neste sentido, lembrou que máis de 9.000 empregados públicos están actualmente acollidos á flexibilidade horaria e preto de 200 ao teletraballo.

Así o explicou no Foro La Región de Ourense durante a presentación da conferencia do avogado laboralista, Martín Godino, socio director de Sagardoy Avogados e que recentemente ten sido recoñecido por unha prestixiosa publicación como un dos 30 mellores avogados laboralistas do mundo. Godino centrou a súa intervención no novo marco xurídico dos controis horarios nas empresas.

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 19/05/2017