Controlado o incendio forestal rexistrado no concello ourensán da Veiga, parroquia de Valdín

Segundo as primeiras estimacións, a superficie afectada é dunhas 20 hectáreas
 

Santiago, 1 de xaneiro de 2017
  • whatsapp whatsapp

A Consellería do Medio Rural informa do control do incendio forestal rexistrado no concello ourensán da Veiga, parroquia de Valdín.

O lume, que comezou esta tarde ás 16:00 horas, quedou controlado ás 19:50 horas. Segundo as primeiras estimacións, a superficie afectada é dunhas 20 hectáreas. No lugar traballan 3 axentes e 2 brigadas.

Data de actualización: 02/01/2017