Axentes de Gardacostas e da Garda Civil incautáronse de preto de 188 quilos de marisco no mercado de Padrón

Os axentes de gardacostas e da Garda Civil de Boiro requisaron a mercadoría nun dos postos e nun vehículo vinculado a el

En total comisaron 122 quilos de ameixa babosa, 30 quilos de ameixa xaponesa, 3,35 quilos de berberecho e 31,5 quilos de nécora

O berberecho comisado estaba sen documentación e a ameixa babosa, ademais de carecer de documentación, estaba sen etiquetar e a granel en capachos

Santiago, 2 de xaneiro de 2017
  • whatsapp

Axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia, dependente da Consellería do Mar, en colaboración con axentes da Garda Civil de Boiro, realizaron unha inspección o pasado 31 de decembro no mercado de Padrón, que se saldou co comiso de preto de 187 quilos de marisco.

Os axentes requisaron a mercadoría nun dos postos e nun vehículo vinculado a el. En total comisaron 122 quilos de ameixa babosa, 30 quilos de ameixa xaponesa e 3,35 quilos de berberecho.

O berberecho comisado estaba sen documentación e a ameixa babosa, ademais de carecer de documentación, estaba sen etiquetar e a granel en capachos. Ademais no vehículo e nun remolque isotérmico había varios lotes de ameixa babosa e ameixa xapónica en bolsas de rede sen precintar e etiquetadas de xeito irregular e varios dos exemplares estaban mortos e desprendían mal olor. A maiores, os axentes requisaron 31,5 quilos de nécora sen documentación, dos que dous quilos estaban ovados.

Imaxes relacionadas
Departamento: C. do Mar
Data de actualización: 02/01/2017