O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado Puente, participou esta tarde no acto de clausura das accións formativas que tivo lugar no Centro Social San Xoán Bautista
A Xunta entrega os diplomas ao alumnado que completou os cursos de inclusión sociolaboral no municipio de Carballo

Un grupo de 39 persoas, na súa maioría mulleres, formáronse como coidadores de dependentes e axudantes de cociña

Carballo (A Coruña), 14 de xuño de 2017
  • whatsapp

O director xeral de Inclusión Social da Xunta de Galicia, Arturo Parrado Puente, participou hoxe no municipio coruñés de Carballo na entrega de diplomas aos participantes en dous cursos de inserción sociolaboral financiados pola Consellería de Política Social. O acto, que tivo lugar no Centro Social San Xoán Bautista, contou coa asistencia de responsables do concello e de Cáritas.

A Administración autonómica concedeu unha achega económica de 32.000 euros para a celebración de dúas accións formativas centradas na formación de coidadores para a atención sociosanitaria a dependentes e de axudantes de cociña. Un total de 39 persoas, a maioría mulleres, completaron con éxito estes cursos, que tiveron unha duración de 200 horas cada un deles.

Arturo Parrado destacou a importancia que teñen estas accións formativas para facilitar a empregabilidade de colectivos con menos recursos e en situación ou risco de exclusión social.
 

Data de actualización: 14/06/2017