Rosa Quintana felicita á confraría de pescadores de Cambados polos seus 100 anos de actividade
Cambados (Pontevedra), 17 de xuño de 2017
  • whatsapp

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, felicitou esta mañá á confraría de Cambados polo 100 aniversario do seu nacemento. Fíxoo no transcurso dos actos de celebración do centenario da entidade, un día de ledicia e de satisfacción para recordar unha entidade que se converteu na primeira das súas características creada en España.

Alí, Rosa Quintana apelou ao mantemento constante do diálogo co sector na toma de decisións no ámbito da xestión pesqueira, sobre todo nos eidos do marisqueo e da pesca costeira artesanal e de baixura, de cara a que “os profesionais do mar sigan sendo protagonistas do futuro mariñeiro de Galicia”, remarcou.

Imaxes relacionadas
Departamento: C. do Mar
Data de actualización: 17/06/2017