El director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, acudió a la jornada de convivencia de familias celebrada hoy en Santiago con motivo de esta efeméride
A Xunta destaca o traballo de Aspas en prol das persoas con discapacidade no seu 50 aniversario

O representante autonómico resaltou que a entidade “promove servizos de calidade, axustados ás necesidades das persoas que incrementan o seu grao persoal de benestar, autonomía e integración social”

Santiago, 17 de xuño de 2017
  • whatsapp

O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, acudiu hoxe á xornada de convivencia de familias celebrada con motivo do 50 aniversario da Asociación de pais de persoas con discapacidade (Aspas), unha entidade que ten por misión traballar pola mellora da vida deste grupo de persoas así como das súas familias, facilitando o apoio necesario para a defensa dos seus dereitos.

O representante autonómico destacou “o labor desenvolvido por Aspas nestas cinco décadas, grazas ao cal, promoveron servizos de calidade, axustados ás necesidades das persoas que incrementaron o seu grao persoal de benestar, autonomía e integración social”. Na actualidade, a entidade apoia a máis de 120 persoas que “traballan cada día por superarse e que enriquecen a nosa sociedade”, afirmou Arturo Parrado.

No transcurso da súa intervención, Arturo Parrado tamén fixo fincapé na importancia de afondar na colaboración coas entidades que traballan no eido da discapacidade dado que elas teñen un papel protagonista no desenvolvemento das persoas que máis o precisan e tamén son un apoio fundamental para as familias. Deste xeito, avogou por seguir sumando esforzos en erradicar as barreiras e dificultades que na actualidade aínda sofren as persoas con discapacidade, máis aínda cando viven en contornos rurais onde o acceso a determinados servizos é máis dificultoso que nas cidades.

O director xeral insistiu en que tanto administracións como entidades, deben abordar a discapacidade desde a perspectiva da igualdade, a non discriminación, a accesibilidade universal e a acción positiva. Para iso, a Consellería de Política Social traballou coas entidades de iniciativa social na creación da Estratexia Galega sobre Discapacidade 2015-2020, que recolle preto de 500 actuacións concretas orientadas a que este colectivo poida gozar dunha vida autónoma e independente.

 

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 17/06/2017