A rede de escolas “A Galiña Azul” obxecto de estudo por parte do Instituto Vasco de Evaluación e Investigación Educativa

O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, mantivo unha reunión de traballo coa técnico do goberno vasco Cristina Elorza para explicarlle o modelo galego
 

  • whatsapp

Santiago de Compostela, 16 de xuño de 2017.- O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, mantivo hoxe un encontro de traballo coa técnico do Instituto Vasco de Evaluación e Investigación Educativa (IVEI), Cristina Elorza. A representante deste órgano dependente da Consejería de Educación se desprazou estes días a Galicia para coñecer de preto a rede de escolas infantís para nenos de 0 a 3 anos “A Galiña Azul”.

Así as cousas, Rodríguez e Elorza conversaron sobre os diferentes modelos de xestión das escolas infantís e da necesaria colaboración entre as administracións. Un encontro que se celebrou nos servizos centrais do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar en San Lázaro e que estivo precedido por una visita da técnico do IVEI á escola infantil da localidade pontevedresa de Tui.

Ao finalizar o encontro Perfecto Rodríguez lle fixo entrega dun exemplar da “Guía e outros aspectos básicos para a elaboración do proxecto educativo das escolas infantís 0 a 3”, unha publicación que recolle os fundamentos para o funcionamento deses centros.

 

Data de actualización: 16/06/2017