A Xunta destaca a importancia de dotar as mulleres galegas de ferramentas e aplicacións para axudalas á busca de emprego online

A secretaria xeral da Igualdade inaugurou hoxe a xornada "Como triunfar nunha entrevista de traballo" que organiza a Asociación E-Deidades dentro do “Proxecto Busca de Emprego 3.0"

Lugo, 30 de xuño de 2017
  • whatsapp

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella destacou hoxe na inauguración da Xornada "Como triunfar nunha entrevista de traballo", que organiza a asociación E-Deidades dentro do “Proxecto Busca de Emprego 3.0", a importancia de dotar ás mulleres de ferramentas e aplicacións para axudalas na busca de emprego online.

Susana López Abella explicou que a Secretaría Xeral da Igualdade subvenciona este programa, a través da orde de entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para programas dirixidos a mulleres en situación de vulnerabilidade con preto de 10.000 euros, e que ten como obxectivos principios, axudarlles no manexo de ferramentas e aplicacións existentes para a busca de emprego, tanto en webs como apps; orientalas profesionalmente; e o deseño e xestión da marca persoal en Facebook, Twitter, Linkedin e outras redes sociais.

Ademais de contribuír á integración da muller e a reinserción laboral integral, fomentar e divulgar o emprego 3.0 entre as mulleres participantes, mellorar e fortalecer a posición das mulleres no mercado laboral e fomentar o autoemprego responsable.

Os colectivos aos que vai dirixido este programa son mulleres en situación de especial vulnerabilidade, como desempregadas menores de 30 ou maiores de 45 anos, inactivas ou desempregadas de longa duración, con residencia en concellos rurais de baixa densidade poboacional, e inmigrantes.

A Asociación E-deidades ten una bolsa de emprego activa en colaboración coas empresas asociadas a AELU (Asociación de Mulleres Empresarias da Provincia de Lugo), con Cáritas Lugo, con Cruz Vermella Lugo, para a busca de perfís de mulleres e ofertas de emprego.

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 30/06/2017