Medio Ambiente e o Concello de Teo analizan a situación urbanística do municipio

A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio mantivo esta tarde unha reunión co rexedor municipal
 

Santiago de Compostela, 11 de xullo de 2017
  • whatsapp

A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, e o alcalde de Teo, Rafael Sixto, analizaron esta tarde a situación urbanística do municipio e, especialmente, a aplicación do regulamento da Lei do solo, que integra a xestión, planeamento e disciplina, co que se unifica e modifica aos tres regulamentos anteriores, dous estatais e un autonómico.

Na reunión, a conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio tamén se comprometeu a analizar a posibilidade de colaborar nun proxecto para a instalacións de novos bombeos, que melloren as infraestruturas hidráulicas do concello. Sinalou que Augas de Galicia valorará as necesidades e determinará a posibilidade de establecer acordos de colaboración.

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 11/07/2017