A Xunta inicia hoxe as obras de mellora de firme na estrada OU-403, ao seu paso polo concello de Ribadavia

Estas obras levaranse a cabo en toda a estrada, de 2,2 km, desde Ponte Castrelo, na intersección coa OU-402, ata o p.q. 2+250

Unha vez que rematen as actuacións na OU-403, continuarán na OU-540, entre os p.q. 7+770, en Bentraces, Concello de Barbadás, e 15+900, na Merca

Estes traballos forma parte dun contrato de obras de reforzos de firme en varias estradas autonómicas na provincia de Ourense, cuxo investimento ascende a preto de 170.000 euros
 

Santiago, 12 de xullo de 2016
  • whatsapp whatsapp

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda comeza hoxe as actuacións de mellora do firme na estrada OU-403, ao seu paso polo Concello de Ribadavia.

Estes traballos forma parte dun contrato de obras de reforzos de firme en varias estradas autonómicas na provincia de Ourense, cuxo investimento ascende a preto de 170.000 euros.

Estas obras de rehabilitación da capa de rodadura levaranse a cabo en toda a estrada, de 2,2 km, desde Ponte Castrelo, na intersección coa OU-402, ao p.q. 2+250.

Unha vez que rematen as actuacións na OU-403, continuarán na OU-540, entre os p.q. 7+770 (en Bentraces, Concello de Barbadás) e 15+900 (no Concello da Merca). Estenderase un tratamento de microaglomerado na calzada.

Cómpre lembrar que na estrada OU-540 xa se realizaron traballos a semana pasada, concretamente no tramo entre o p.q. 4+600 e o 7+900, á saída de Bentraces. Executáronse tarefas de fresado e reposición na capa de rodadura do carril esquerdo.

Estas obras enmárcanse no Plan de Reforzos de Firme que se está a desenvolver no Goberno galego, un plan que recolle investimentos este ano de máis de 23 millóns de euros e do que xa se licitou o 90 % dos quilómetros nos que se van actuar, case 600.
 

Data de actualización: 12/07/2016