A Xunta activa a alerta laranxa por altas temperaturas na provincia de Ourense

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior recomenda limitar a exposición ao sol, inserir líquidos e especial coidado coas persoas maiores e os nenos

Nas provincias de Lugo e Pontevedra está activada alerta de nivel amarelo

Santiago de Compostela, 15 de xullo de 2017
  • whatsapp

A Xunta activa a alerta de temperaturas máximas correspondentes ao nivel laranxa no ámbito xeográfico do Miño e no sur da provincia de Ourense.

Segundo as predicións da Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), poderán alcanzarse os 39 graos a partir das primeiras horas da tarde de mañá. Nas provincias de Lugo e Pontevedra está activada a alerta de nivel amarelo.

Co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, informou da situación ás zonas onde están decretadas as alertas laranxas e amarelas, aos concellos, policías locais, servizos provinciais de Protección Civil e aos bombeiros, entre outros.
Consellos e recomendacións
Ante este episodio de temperaturas máximas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior propón unha serie de consellos e recomendacións:
• Limite a súa exposición ao sol, permaneza en lugares protexidos do sol o maior tempo posible e mantéñaos ben ventilados.
• Teña en conta que o entrar e saír destes lugares prodúcense cambios bruscos de temperatura que poden afectarlle.
• Tome comidas lixeiras e regulares, bebidas e alimentos ricos en auga e sales minerais, como as froitas e hortalizas, que lle axuden a repoñer as sales perdidas polo suor.
• Vístase con roupa adecuada de cores claros, cubrindo a maior parte del corpo, especialmente a cabeza.
• Evite exercicios físicos prolongados nas horas centrais do día.
• Interésese por persoas maiores e enfermas próximas, que vivan soas ou illadas.
• Nunca deixe a nenos nin persoas maiores no interior dun vehículo cerrado.

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 15/07/2017