Ovidio Rodeiro participa nos actos da Xuntanza dos Nosos Maiores, que hoxe celebra no concello do Pino a súa 21ª edición
O Pino (A Coruña), 15 de xullo de 2017
  • whatsapp

O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, participou esta mañá na XXI Xuntanza dos Nosos Maiores, celebrada no entorno da capela da Magdalena, na parroquia de Castrofeito, no concello do Pino. Rodeiro acudiu en representación da Xunta de Galicia convidado polo alcalde, Manuel Taboada Vigo.

A xornada arrancou cun concerto da banda de música de Arca, seguido dunha misa de campaña oficiada na mesma carballeira da Magdalena. Antes do xantar de confraternidade as catro persoas de maior idade do municipio recibiron unha distinción conmemorativa. A xornada completouse con actuacións musicais, partidas de cartas e outras actividades especialmente deseñadas para a ocasión.

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 15/07/2017