A Amtega e Orange organizan talleres gratuítos sobre o uso de dispositivos móbiles para persoas maiores

Desenvolveranse nas aulas CeMIT de 23 concellos de Galicia nos meses de xullo, setembro e outubro

A asistencia é de balde e non é necesario dispor de ningún terminal móbil para acudir aos mesmos

É a primeira iniciativa do operador tras adherirse como Aliado Dixital ao Plan de inclusión dixital de Galicia 2020

Santiago de Compostela, 21 de xullo de 2017
  • whatsapp

Ao lado dos nosos maiores é o nome da iniciativa que se pon en marcha este mes de xullo en diversas localidades con aula CeMIT de Galicia, grazas a colaboración do operador de telecomunicacións Orange e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).

Trátase dun ciclo de talleres gratuítos, cunha duración máxima de dúas horas, que se levarán cabo ata o mes de outubro nos centros CeMIT de 23 concellos de Galicia. Estarán impartidos por persoal de Orange, que facilitará as tabletas e móbiles necesarios para que todos os asistentes poidan realizar as actividades do curso.

O obxectivo principal desta actividade é ensinar aos participantes as pautas básicas do funcionamento das tabletas e móbiles para facer a súa experiencia máis doada, que adquiran maior autonomía persoal e se familiaricen coa tecnoloxía móbil. Entre outros contidos tratarase cómo acceder ás redes móbiles e wifi, enviar e recibir WhatsApp, enviar fotos, vídeos e mensaxes, gardar os contactos e todas aquelas dúbidas que lles poidan xurdir no uso normal do teléfono e/ou tableta.

O único requisito para poder asistir a estas actividade gratuíta é solicitar praza na localidade de interese, ben directamente na aula CeMIT de cada concello, ou a través da páxina web.

Plan de inclusión dixital de Galicia 2020


Orange vén de incorporarse ao colectivo de máis de 700 aliados dixitais do Plan de inclusión dixital de Galicia 2020, impulsado pola Amtega, ao que se poden sumar aquelas empresas e entidades interesadas en participar no desenvolvemento da sociedade dixital en Galicia no marco da súa responsabilidade social empresarial, mediante a achega de recursos financeiros, humanos ou, como neste caso, de coñecemento.

O Plan de inclusión dixital é a estratexia autonómica para facilitar a calquera persoa, independentemente do nivel dixital no que se atope, avanzar, madurar e acceder a maiores niveis de coñecemento e uso das TIC.

A Rede CeMIT


A Rede CeMIT (Rede de Centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica), está integrada por 98 aulas, presentes en 92 concellos e 53 comarcas co obxectivo de promover o uso das novas tecnoloxías entre a poboación, con especial atención aos colectivos máis afectados pola fenda dixital, fomentar a formación dixital entre os profesionais galegos e mostrar á pemes e micropemes as vantaxes da sociedade da información.

           Calendario de actividades
 
 Xullo
AULA
PROVINCIA
26/07/2017
BANDE
Ourense
27/07/2017
ARZÚA
Coruña, A
28/07/2017
XUNQUEIRA AMBIA
Ourense
14/09/2017
PADRÓN
Coruña, A
Setembro
 
 
11/09/2017
PORRIÑO, O
Pontevedra
12/09/2017
CUNTIS
Pontevedra
13/09/2017
BURELA
Lugo
27/09/2017
BETANZOS
Coruña, A
28/09/2017
CERCEDA
Coruña, A
29/09/2017
FISTERRA
Coruña, A
Outubro
 
 
02/10/2017
RIBADEO
Lugo
03/10/2017
ABEGONDO
Coruña, A
04/10/2017
SANTA COMBA
Coruña, A
05/10/2017
PONTEDEUME
Coruña, A
06/10/2017
OROSO
Coruña, A
09/10/2017
MARÍN
Pontevedra
10/10/2017
TOMIÑO
Pontevedra
11/10/2017
VALGA
Pontevedra
16/10/2017
ORTIGUEIRA
Coruña, A
17/10/2017
BEARÍZ
Ourense
18/10/2017
LEIRO
Ourense
19/10/2017
SARREAUS
Ourense
20/10/2017
CELANOVA
Ourense

Data de actualización: 21/07/2017