Galicia mantense entre as comunidades que pagan máis rápido aos seus provedores, 23 días antes que a media

Galicia volveu cumprir en maio os obxectivos do Plan pago 10 da Xunta, axilizando os pagamentos das súas facturas

Santiago de Compostela, 24 de xullo de 2017
  • whatsapp

Galicia mantense entre as comunidades que pagan máis rápido aos seus provedores, cun período medio de pagamento 23 días inferior á media autonómica, segundo mostran os datos referentes ao mes de maio que acaba de publicar o Ministerio de Facenda e Función Pública.
O período medio de pago de Galicia situouse en maio en 0,88 días, mentres que a media autonómica foi de 23,71 días, é dicir, 23 días máis tarde que en Galicia. Os datos oficiais ratifican un mes máis que Galicia está entre as comunidades que mellor atenden aos seus provedores, axilizando os pagos e evitando problemas de liquidez ás empresas que prestan servizo á Xunta de Galicia.

Galicia continúa a cumprir os obxectivos do Plan pago 10, impulsado pola Xunta este ano e que ten como obxectivo situar o período medio de pago no entorno dos 10 días. Ademais, o informe do Ministerio reflicte tamén que o período medio de pago de Galicia é agora 17 días inferior ao mesmo mes do ano pasado, o que evidencia unha importante mellora neste eido.
En canto á débeda comercial, a ratio de débeda/PIB de Galicia en maio baixou ao 0,27%, a máis baixa de todas as comunidades autónomas de réxime común e a metade que a media autonómica (0,53%). Ao mesmo tempo, Galicia conseguiu reducir este indicador ata os 164,2 millóns de euros no último ano.

Período Medio de Pago – Maio 2017 (*CCAA de réxime foral)

País Vasco *

(5,68)
 
A Rioxa
19,39
Andalucía
(4,32)

Castela-A Mancha

19,95
Navarra*
(1,67)
Madrid
21,58
Galicia
0,88
Media CCAA
23,71

Castela e León

3,09
Cataluña
27,22
Asturias
6,73
Baleares
29,42
Canarias
8,41
Cantabria
35,35
Estremadura
15,42
Murcia
48,04
Aragón
17,45
Valencia
53,78

Imaxes relacionadas
Departamento: C. de Facenda
Data de actualización: 24/07/2017