A Xunta inviste máis de 33.000 euros en diferentes traballos para mellorar a accesibilidade no CEIP Santa Irene de Porto do Son

As obras, que se están a desenrolar aproveitando as vacacións de verán, permitirán a incorporación dun alumno con mobilidade reducida no vindeiro curso

O delegado territorial na Coruña, Ovidio Rodeiro, visitou as tarefas, incluídas nun programa de investimentos durante o verán en diferentes centros da provincia

Porto do Son (A Coruña), 8 de agosto de 2017
  • whatsapp

O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, visitou esta mañá o Colexio de Educación Infantil e Primaria Santa Irene, en Porto do Son, onde a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria está a realizar un investimento de máis de 33.000 euros en obras de accesibilidade.

En concreto, o delegado territorial comprobou o estado dos traballos destinados a adaptar os accesos ao centro para a incorporación, no vindeiro curso, dun alumno con mobilidade reducida que precisa dunha cadeira de rodas para a súa escolarización.

Rodeiro explicou que durante este verán a Xunta de Galicia está a investir máis de 800.000 euros nos centros de Primaria e Secundaria da provincia da Coruña, para acometer diferentes obras de mellora, pensadas para que estean rematadas antes do inicio do curso 2017/18. En concreto, a Consellería de de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ten programadas diferentes intervencións en centros de Primaria e Secundaria.

Ovidio Rodeiro destacou que “desde hai tempo a Xunta trata de aproveitar as vacacións de verán para acometer traballos de mellora e acondicionamento nos centros para tratar de minimizar as molestias que estas mesmas obras acabarían causando de facerse durante o curso”. O delegado territorial engadiu que “non sempre é posible, pero está no ánimo da Xunta afinar na programación destas actuación para manter a calidade do servizo que ofertan os centros”.

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 08/08/2017