O secretario xeral técnico da Consellería de Política Social, Francisco Javier Abad, participou hoxe en Ferrol no acto de inauguración deste evento
A Xunta destaca a participación de entidades sociais nunha nova edición de Equiocio 2017
Ferrol, 11 de agosto de 2017
  • whatsapp

O secretario xeral técnico de Política Social, Francisco Javier Abad, asistiu hoxe no municipio de Ferrol e en representación da Consellería ao acto de inauguración de Equiocio 2017, evento de carácter deportivo e de ocio para toda a familia que se volve celebrar na parroquia de Covas, lugar onde naceu fai 25 anos.

Na súa intervención, Francisco Javier Abad sinalou a importancia que ten no marco galego este evento que “xa hai tempo deixou de ser só deportivo para axuntar unha combinación de deporte, ocio, cultura e turismo”. Así mesmo, valorou de maneira positiva o feito de que Equiocio teña un espazo reservado para a presenza de entidades sociais da zona.

Por último, este responsable da Consellería destacou a implicación das entidades e empresas que colaboran no desenvolvemento de Equiocio 2017, ao tempo que recoñeceu o traballo que veñen facendo dende hai tempo os organizadores por mellorar en cada edición este evento.
 

Data de actualización: 11/08/2017