A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 20,00 horas de hoxe

Controlado o lume rexistrado no concello lugués de Pantón, parroquia de Pombeiro, que afectou 33,84 hectáreas

Segue tamén controlado o incendio no municipio ourensán de Maside, parroquia de Piñeiro, que afectou 29,6 hectáreas

Santiago de Compostela, 12 de agosto de 2017
  • whatsapp

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 20,00 horas de hoxe.

Controlado Pantón


Ás 16,17 horas quedou controlado o incendio forestal do concello lugués de Pantón, parroquia de Pombeiro. Este lume iniciábase ás 01,02 horas da madrugada e segundo as últimas estimacións afectou unha superficie de 33,84 hectáreas. No seu control traballaron un total de sete axentes, 14 brigadas, 13 motobombas, unha pa e un helicóptero.

Controlado Maside


Continúa controlado desde as 08,50 horas desta mañá o lume do municipio ourensán de Maside, parroquia de Piñeiro. Este incendio comezaba onte ás 22,48 horas e segundo as últimas estimacións afectou 29,6 hectáreas. No seu control traballaron oito axentes, 21 brigadas, 13 motobombas e tres pas.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Departamento: C. do Medio Rural
Data de actualización: 13/08/2017