A dixitalización dos servizos públicos, a redución da fenda dixital e o impulso á competitividade, principais avances nos dous primeiros anos da Axenda Dixital de Galicia 2020

No período 2015-2016 mobilizou un investimento de máis de 324 millóns de euros, entre capital público e privado

No ámbito da Administración, incrementáronse os servizos online e e puxéronse en marcha todas as pezas do expediente xudicial electrónico

Aprobouse o Plan Director de Seguridade da Xunta para reforzar a protección dos sistemas TIC e incrementar a confianza dos cidadáns no emprego da Administración electrónica

Na área sociosanitaria a Historia Social Única Electrónica proporciona aos profesionais o acceso único ao expediente social dixital de 530.000 usuarios

A plataforma É-Saúde ofrece aos cidadáns unha carteira de servizos interactivos e contidos personalizados desde calquera lugar e dispositivo

Máis de 62.000 galegos acceden a través das aulas CeMIT as actuacións do Plan de Inclusión Dixital, que conta con máis de 700 aliados dixitais

Estanse a impulsar iniciativas innovadores en sectores estratéxicos como Smart Turismo, a construcción da Memoria Dixital de Galicia ou o Programe Primare para oa modernización dos sectores agrícola e marítidmo

O sector TIC galego, chave no desenvolvemento da Axenda Dixital, experimentou en 2015 o maior incremento en número de empresas dos últimos cinco anos e en 2016 superou, por primeira vez, os 16.000 empregados
 

Santiago de Compostela, 20 de agosto de 2017
  • whatsapp

A Axenda Dixital de Galicia 2020 mobilizou no período 2015-2016 máis de 324 millóns de euros, 51 deles de capital privado, para impulsar a transformación dixital da Comunidade. Así se recolle no balance publicado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) no que se recollen as principais actuacións desta estratexia.

Administración e Xustiza Dixitais

Avanzouse para conseguir unha Administración que funcione integramente de xeito dixital con medidas como a posta en marcha do sistema de notificacións electrónicas, que rexistrou 30.000 en 2016; a consolidación do nodo de interoperabilidade Pasaxe! que evita a presentación de 42 certificados e que iniciou a incorporación progresiva das entidades locais; o incremento de servizos na sede electrónica co 94% dos trámites dispoñibles online ou a extensión da dixitalización dos Rexistros, xa habilitada en 7 destas oficinas.

En 2015 a Xunta aprobou o seu Plan Director de Seguridade TIC 2015 –2020 para reforzar a protección dos sistemas TIC e incrementar a confianza dos cidadáns no emprego da Administración electrónica. As actuacións postas en marcha permitiron aumentar as capacidades de prevención, detección e reposta ante incidentes de seguridade.

No eido da xustiza, Galicia ten en marcha as pezas do expediente xudicial electrónico como o visor, que permite que xuices, letrados e fiscais poidan consultar online os expedientes xiciaiais. Galicia foi a primeira Comunidade en poñer en marcha a sede electrónica xudicial, o pasado ano permitindo aos cidadáns consultar online o estado das súas demandas e a consolidouse un repositorio unificado xudicial con máis de 6 millóns de documentos dixitalizados.

Vida dixital

Conseguiuse aumentar ata 120.000 o número de alumnos que desenvolven a súa actividade académica en aulas dixitaits grazas ás actuacións do Programa Abalar. A iniciativa eDixgal para a implantación do libro dixital beneficia a máis de 7.200 alumnos e no curso 2017-2018 superará os 11.000.

Deuse luz verde ao Plan de Inclusión Dixital de Galicia para posibilitar que calquera persoa acceda a maiores niveis de coñecemento e uso das TIC, contando para iso coa colaboración de 755 aliados dixitais, entre persoas voluntarias, entidades, asocicións, empresas e organismos públicos. Máis de 62.000 galegos acceden a través das aulas CeMIT as actuacións do Plan de Inclusión Dixital, que contribuíu a que os galegos de entre 65 e 74 incrementaron o uso de internet en preto dun 70% en tres anos, reducindo a fenda interxeracional dixital na Comunidade.

No ámbito sociosanitario púxose en marcha da Historia Social Única Electrónica que proporciona aos traballadores deste área social, tanto a nivel autonómico como municipal, un acceso único ao expediente social dixital de 530.000 usuarios. Contribuiuse a manter o posicionamento de Galicia como referente en innovación no eido sanitario, cos proxectos H2050, InnovaSaúde ou o programa de innovación Código 100 e púxose en marcha a plataforma É-Saúde, que permite á cidadanía acceder a unha carteira de servios interactivos e contidos personalizados desde calquera lugar e dispositivo.

Aceleración da Economía Dixital

No ámbito de impulso á empresa dixital, o Centro Demostrador TIC de Galicia realizou máis de 400 actividades para favorecer a dixitializción das pemes. Nesta liña púxose en marcha Programa AceleraTIC para achegar a directivos de pemes galegas as claves para abordar a dixitalización do seu negocio e lanzouse o programa Re-AccionaTIC para asistir a autónomos e PeMEs na transformación dixital e na aplicación de solucións de industria 4.0, poñendo á súa disposición un catálogo de servizos a prezos reducidos.

Avanzouse no desenvolvemento de iniciativas tecnolóxicas e innovadoras en sectores estratéxicos para Galicia como o turismo coa posta en marcha da plataforma Smart Turismo e para mellorar a accesibilidade e a conservación do patrimonio cultural galego, co inicio da construción da Memoria Dixital de Galicia. Ademais, lanzouse o Programa Primare para aplicar solucións tecnolóxicas innovadoras ao eido agrícola e de avanzar na modernización tecnolóxica das lonxas.

Estímulo ao sector TIC

O sector TIC galego, clave no desenvolvemento da Axenda Dixital, experimenta en 2015 o maior incremento en número de empresas dos últimos cinco anos e en 2016 supera, por primeira vez, os 16.000 empregados.

Para impulsar o carácter emprendedor e para aumentar a innovación e a competitividade do sector TIC en 2016 ao abeiro do Pacto Dixital de Galicia desenvolvéronse as seguintes iniciativas: o centro Galicia Open Future de Telefónica levou a cabo a súa III edición para impulsar 50 proxectos empresariais innovadores; HPE puxo en marcha o Centro de Excelencia en Intelixencia de Negocio e Big Data e Vodafone lanzou a iniciativa Connecting for Good Galicia para impulsar proxectos de innovación social dixital. O mapa de emprendemento galego complétase con outras aceleradoras impulsadas desde a Xunta como VíaGalicia, unha aceleradora de referencia promovida polo Consorcio da Zona Franca e o Goberno galego

No ano 2015 aprobábase a Axenda da Competitividade Galicia-Industria 4.0, da que Xunta ten activado varias das das iniciativas previstas como o lanzamento en 2016 da primeira convocatoria dos Premios e Axudas aos Proxectos Piloto Fábrica 4.0, que constitúen o primeiro paso de Galicia cara á fábrica intelixente. Nesta primeira seleccionáronse 4 proxectos que participan preto de 40 empresas de sectores como a automoción, aeronáutica, agroalimentario ou o da madeira.

Galicia é pioneira no emprego da Compra Pública de Innovación co proxecto Civil UAVs Initiative para a utilización de sistemas aéreos non tripulados (UAVs) no ámbito civil e na mellora da prestación dos servizos públicos. Para estas licitacións disponse dun orzamento total de 24M€grazas a un convenio asinado co Ministerio de Economía, Industria e Competitividade.

Articulación Dixital do Territorio

Púxose en marcha a primeira das actuacións derivadas do Plan de Banda Larga de Galicia 2020 para conectar con velocidades de ata 350Mbps a 81 polígonos industriais galegos ata e consolidouse o uso da Rede Dixital de Emerxencias (Resgal), avanzando no aumento progresivo de usuarios de todos os colectivos que participan nas emerxencias en Galicia e no incremento da súa cobertura, que acada o 90% do territorio.
 

Data de actualización: 20/08/2017