A Xunta participa en Madrid no Consello de Políticas de Xogo no que se presentou o programa de actuacións 2017-2018

O director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor asistiu á reunión do Consello, que estivo presidido polo secretario de Estado de Facenda, José Enrique Fernández de Moya

Santiago de Compostela, 13 de setembro de 2017
  • whatsapp

O director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor asistiu na tarde de onte ao Consello de Políticas de Xogo, que estivo presidido polo secretario de Estado de Facenda, José Enrique Fernández de Moya.

No marco da reunión presentouse o programa de actuacións dos Grupos de Traballo do Consello de Políticas do Xogo para 2017 e 2018, como a racionalización normativa en aspectos de posible interese común e, en particular, en relación coas fianzas de explotación.

En primeiro lugar discutiuse a revisión do Regulamento de Organización e Funcionamento do Consello de Política do Xogo. Coa intención de obter un acordo sobre o mesmo, acordouse ampliar o prazo para a recepción de propostas a partir da versión discutida.

Doutra banda, aprobouse a proposta de aproximación técnica en materia de interconexión dos rexistros de prohibidos e o procedemento transitorio a aplicar previo á implantación da mencionada solución.

Ademais, estudouse a posibilidade de elaborar unha memoria nacional do xogo baixo o auspicio do Consello de Políticas do Xogo e a análise dos riscos, vulnerabilidades e medidas a adoptar en relación coa fraude na actividade do xogo.
 

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 13/09/2017