Preto de 147.000 estudantes de ESO, bacharelato e de ensinanzas de réxime especial comezarán o curso 2017/18 este venres

A matriculación increméntase tan só nun 0,6%, á espera dos datos definitivos

A estes datos aínda habería que sumar o alumnado da FP, ensinanzas nas que a matrícula aínda non se pechou
 

Santiago de Compostela, 13 de setembro de 2017
  • whatsapp

Un total de 146.962 estudantes comezarán este venres, 15 de setembro, as clases na educación secundaria obrigatoria (ESO), bacharelato, e ensinanzas de réxime especial (ensinanzas para adultos, artísticas e deportivas), segundo os datos provisionais recompilados polos servizos estatísticos da Consellería de Cultura e Educación. Cómpre lembrar que as cifras de matriculación non serán definitivas ata dentro dunhas semanas, dado que aínda nos últimos días se realizaron exames de recuperación en secundaria. De feito, neste total tampouco se contempla o alumnado de FP, ensinanzas nas que aínda é posible matricularse.

ESO

Segundo as estimacións e datos provisionais da Xunta de Galicia, 90.679 alumnos e alumnas comezarán o curso en ESO, o que supón un 1,4 % máis ca no curso 2016/17.

Por tipo de centros e por provincias queda do seguinte modo:

 
Centros públicos
Centros privados concertados
Centros privados non concertados
A Coruña
26.897 alumnos
9545 alumnos
896 alumnos
Lugo
6827 alumnos
1998 alumnos
281 alumnos
Ourense
5475 alumnos
3004 alumnos
186 alumnos
Pontevedra
24081 alumnos
10.651 alumnos
838 alumnos
Total

63.280 alumnos

25.198 alumnos

2201 alumnos

Nesta etapa educativa o alumnado non nacionalizado español diminuíu un 8,3% respecto do curso anterior.

 

    2016/17

   2017/18
A Coruña
1086 alumnos
985 alumnos
Lugo
518 alumnos
518 alumnos
Ourense
368 alumnos
332 alumnos
Pontevedra
1025 alumnos
 914 alumnos
Total
2997 alumnos
2749 alumnos

 

Bacharelato ordinario

Por outra banda os mesmos datos provisionais que manexa a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, indican que 31.269 alumnos e alumnas comezarán o venres as clases de bacharelato ordinario en Galicia, o que supón un 0,4 % máis ca no curso 2016/17.

 
Centros públicos
Centros privados non concertados
A Coruña
10.792 alumnos
2411 alumnos
Lugo
3092 alumnos
282 alumnos
Ourense
2364 alumnos
551 alumnos
Pontevedra
10077 alumnos
1700 alumnos
Total

26.325 alumnos

4944 alumnos

 

No caso do bacharelato ordinario o número de alumnos e alumnas sen nacionalidade española a diferenza respecto do ano paso é dun 2,7 % estudantes máis:

 
2016/17
2017/18
A Coruña
223 alumnos
243 alumnos
Lugo
93 alumnos
92 alumnos
Ourense
71 alumnos
57 alumnos
Pontevedra
228 alumnos
240 alumnos
Total
615 alumnos
632 alumnos

Ensinanzas de réxime especial

No que atinxe ás ensinanzas de réxime especial, en concreto no referido ás básicas, de secundaria e bacharelato para adultos e ao bacharelato semipresencial ou a distancia, segundo os datos provisionais o descenso do alumnado, ata os 13.496 estudantes, é do 3,8 % respecto do curso 2016/17.

A distribución por provincias e ensinanzas no curso 2017/18 é a seguinte:

 
A Coruña
Lugo
Ourense
Pontevedra
Total
Ensinanzas básicas nivel I
190 alumnos
185 alumnos
38 alumnos
267 alumnos
 680 alumnos
Ensinanzas básicas nivel II
200 alumnos
55 alumnos
41 alumnos
244 alumnos
540 alumnos
Ed. Secundaria adultos niveis I e II
1971 alumnos
525 alumnos
534 alumnos
2205 alumnos
5235 alumnos
Bacharelato presencial
823 alumnos
97 alumnos
143 alumnos
727 alumnos
1790 alumnos
Bacharelato semipresencial/distancia
2352 alumnos
477 alumnos
353 alumnos
711 alumnos
 3893 alumnos
Ensinanzas non regradas
280 alumnos
127 alumnos
300 alumnos
651 alumnos
1358 alumnos

 

Pola súa banda, o número total de estudantes nas ensinanzas artísticas e deportivas acada este curso os 11.518, un 1,3% máis ca no curso anterior. En concreto, nas ensinanzas regradas de música, segundo as estimacións da Consellería, o alumnado será de 8783 alumnos, un 0,8% máis ca no ano académico 2016/17:

 
A Coruña
Lugo
Ourense
Pontevedra
Total

Conservatorios de música e Centros autorizados de música

  3544 alumnos
  1193 alumnos
 1028 alumnos
  3018 alumnos
  8783 alumnos

No caso das ensinanzas regradas de danza o número de matriculados é de 335, un 2,3 % menos ca no curso 2016/17; mentres que nas de arte dramática haberá 161 alumnas e alumnos, un 3,8 % máis ca no ano académico anterior.

Así mesmo o alumnado matriculado en ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño medra un 0,4 % ata chegar aos 674 estudantes. Por outra banda, nos estudos superiores de deseño haberá 640 matriculados, un 6,1% menos ca no curso anterior; mentres que nos estudos superiores de conservación e restauración de bens culturais haberá 81 alumnos, 3 máis ca no 2016/17. No caso das ensinanzas deportivas o incremento de alumnado é do 16,6 %, acadando os 844 alumnos.

Formación Profesional

No caso da Formación Profesional – non incluída nos devanditos 146.962 estudantes- a Consellería está aínda a pechar os datos de matriculación, que serán difundidos en datas próximas. Aínda así, a previsión inicial realizada polo departamento educativo da Xunta de Galicia é que – contando tanto os ciclos formativos en réxime ordinario e modular como a FP a distancia, a FP Dual e a nova FP Básica- o número de alumnas e alumnos sexa de arredor de 51.000.

Centros escolares

Os centros (públicos, concertados e privados) que imparten as devanditas ensinanzas quedan distribuídos do seguinte xeito:

 
A Coruña
Lugo
Ourense
Pontevedra
Galicia
Educa. Primaria e Secundaria (1)
53
26
21
66
166
C. de ESO
18
3
2
16
39
C. de ESO e ensinanzas postobrigatorias
82
35
25
70
212
C. de ensinanzas postobrigatorias
46
12
12
32
102
C. de primaria, ESO e ensinanzas postobrigatorias (1)
33
3
6
25
67
C. de adultos (2)
 
1
1
2
4

(1) Inclúense os centros que imparten tamén o segundo ciclo de educación infantil.
(2) Inclúense nesta categoría os centros que imparten exclusivamente ensinanzas de adultos
 

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 13/09/2017