Licitados por máis de 150.000 euros varios contratos para o estudo e adquisición de materiais que permitan coñecer os efectos do cambio climático no mar e nas rías

A Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental publica hoxe no Diario Oficial de Galicia sendas resolucións

O estudo, cun importe de máis de 60.0000euros, permitirá coñecer a influencia da radiación e das brisas mariñas na produción de ozono troposférico

A Consellería de Medio Ambiente tamén destinará case 45.000 euros á compra de equipamento para as estacións oceanográficas e tamén procederá a instalar un sistema multiparamétrico para o control da calidade das augas
 

Santiago, 5 de xaneiro de 2017
  • whatsapp whatsapp

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio licita hoxe senllos contratos para a posta en marcha de iniciativas e instrumentos que permitan coñecer os efectos do cambio climático nos mar e nas rías da Comunidade galega, por un importe global que supera os 150.000 euros.

Así, o Diario Oficial de Galicia licita hoxe o contrato para a realización dun estudo para coñecer a influencia da radiación e das brisas mariñas na produción do ozono troposférico por un importe de 61.000 euros.

Dende a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental destacan a necesidade de mellorar as predicións de ozono do modelo que se emprega na actualidade (modelo Chimere) e coñecer así a influencia da radiciación e as brisas mariñas aspectos que están cambiando -debido ao cambio climático- na produción de ozono troposfércio e aplicar as conclusións na mellora do modelo de predición.

As previsións da Consellería son aumentar a fiabilidade da predición dos niveis de ozono troposférico a 48 e 72 horas. Este feito permitirá mellorar as medidas de prevención destinadas á poboación con problemas respiratorios, por exemplo.

O segundo dos contratos que licita hoxe o DOG é para a adquisición de equipamento para as estacións oceanográficas. O importe do mesmo ascende a case 45.000 euros e permitirá contar con material para as boias da rede de observación océano-meteorolóxica, co fin de monotorizar a condutividade, temperatura e osíxeno disolto na columna de auga.

Estes datos alimentan as series históricas necesarias para avaliar os impactos do cambio climático no mar e na produtividade das rías. Tamén inclúe un correntímetro para monotorizar as correntes mariñas.

Por último, tamén se licita o contrato para a subministración, instalación e posta en marcha dun sistema multiparamétrico CTD para o control da calidade das augas, necesarios para a toma de datos de pH, condutividade, osíxeno disolto, temperatura nas columnas de auga costeira e de transición.

Os tres contratos licitados hoxe están cofinanciados polo Fondo europeo de Desenvolvemento Rexional do Programa Operativo Feder 2014-2020.
 

Data de actualización: 05/01/2017