O GALP A Mariña-Ortegal concede axudas por valor de 1,1 millóns de euros a quince proxectos que contribuirán a dinamizar o litoral lugués

O delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro, sinalou que se apoiarán iniciativas moi variadas: desde proxectos turísticos, de restauración ou no ámbito do lecer, que contribúen a diversificación produtiva, ata iniciativas de innovación tecnolóxica en empresas de distribución e comercialización de produtos pesqueiros

Lugo, 13 de setembro de 2017
  • whatsapp

O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) A Mariña-Ortegal vén de recibir o visto e prace da Consellería do Mar para conceder axudas por valor de 1,1 millóns de euros dirixidas a impulsar quince proxectos produtivos que contribuirán a dinamizar o litoral lugués.

Así o deu a coñecer esta mañá o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, quen tamén explicou que estas axudas están dirixidas a favorecer os denominados como proxectos produtivos, que son aqueles que buscan impulsar unha actividade lucrativa, desenvolvida normalmente por pequenas e medianas empresas ou profesionais relacionados co sector marítimo pesqueiro.

Entre os 15 proxectos aprobados atopámonos desde iniciativas de restauración e turísticas (hoteis, restaurantes, apartamentos, ...) a outras no ámbito do lecer ou da formación, así como accións encamiñadas a apoiar a aposta das empresas pesqueiras pola introdución de innovacións tecnolóxicas para a distribución de peixe e marisco, pesca artesanal, almacenamento frigorífico ou comercialización deste tipo de produtos. Tamén un dos proxectos beneficiarios redunda na importancia natural na contorna mariñeira.

En concreto os proxectos son os seguintes:

CONCELLO

PROXECTO

Importe

Ribadeo

Kids&Us Language School

56.369,53
Ribadeo
Centro de Ocio Con sentidiño
47.901,39
Mondoñedo

Hotel Restaurante Javier Montero

200.000,00
Ribadeo

Habilitación de casa indiana para hotel mariñeiro

200.000,00
Ribadeo

Apartamentos Turísticos García

87.636,70
Ribadeo

Ampliación Hotel temático Mi Norte Mariñeiro

93.396,08
Viveiro

Innovacións tecnolóxicas e melloras no sistema de distribución na pesca artesanal

20.872,00
Foz

Mellora e innovación do sistema de trazabilidade, desenvolvemento de nova liña de produción

 
92.545,00
Ribadeo
Ampliación Hotel Casona de Lazúrtegui
198.782,00
Ribadeo
 

Sistema de almacenaxe con estantería compacta en instalacións frigoríficas

11.594,70
Foz

Aula de formación e conferencias

22.703,72
Burela-Celeiro

Mellora do valor dos produtos pesqueiros e da rede de distribución

18.836,55
Viveiro
Apartamentos Duerming Sea View Viveiro
21.380,79
Burela

Transporte interno e sistema de pesaxe dos produtos pesqueiros

6.112,00
Burela

Natureza e entorno mariñeiro ampliación

33.018,93


Diversificación económica


Balseiro puxo en valor que estes fondos buscan apoiar os esforzos que realizan os beneficiarios e contribúen á diversificación económica permitindo mellorar as taxas de crecemento e o emprego nesta zona. A través destes proxectos se contribúe tamén a aumentar a capacidade de elección dos residentes nos municipios costeiros á hora de buscar novas fontes de ingresos, promovendo a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e a conservación do patrimonio natural, cultural e histórico destas zonas.

Os Grupos de Acción Costeira son asociacións de carácter local constituídas polas organizacións do sector pesqueiro, marisqueiro e acuícola, organizacións sociais, medioambientais e culturais do sector empresarial e polas administracións locais, que adoptan a forma xurídica de asociación. Nestes grupos, o protagonismo é do propio sector pesqueiro, que ten na Xunta Directiva dos Grupos a metade dos seus membros.